Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 044 mércores, 24 de febreiro de 2021

BOP Lugo
4.- Atender situacións conxunturais de crise persoal e/ou familiar que afecten á autonomía persoal ou social.
5.- A promoción de formas de apoio social comunitario de tipo voluntario que contribúan ó acompañamento de persoas atendidas.
6.- Apoiar e complementar a labor da familia en situacións de sobrecarga derivadas da atención de persoas dependentes ou de crise familiar.
7.- Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.
8.- Ofrecer coidados e intervencións de carácter socio educativo a unidades familiares con menores a cargo e outras situacións obxecto de intervención social.
9.- Proporcionar períodos de descanso ao coidador. Respiro familiar.
10.- Ofrecer apoio e formación aos coidadores CAPITULO II .- TIPOLOXÍA DAS ATENCIÓNS
Artigo 3.- Contido do Servizo.
O SAF ten a consideración de prestación básica, que non exime á familia das súas responsabilidades, se non que as reforza e as complementa, con planificación, coordinación e control público, a través de persoal cualificado que presta unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico, ás familias e persoas con dificultades para procurar o seu benestar físico, social e psicolóxico, proporcionándolle a posibilidade de continuar no seu contorno habitual, mentres isto sexa posible e axeitado.
De conformidade coa valoración realizada polos servizos sociais, no marco da axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico e/ou complementario, de acordo coa seguinte tipoloxía:

a Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como:
Asistencia para levantarse e deitarse.
Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
Apoio ou axuda para cambios posturais, mobilizacións, orientacións espacio temporais.
Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
b Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria, tales como:
Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas, tratamentos ou a outras actividades de ocio e/ou convivencia social.
Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes. c Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como:
Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
Compra de alimentos e outros productos de uso común.
Preparación dos alimentos.
Lavado e coidado das prendas de vestir.
Coidados básicos da vivenda.
d Atencións de carácter psicosocial e educativo tales como:
Intervencións técnico profesionais formativas e de apoio ó desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.
2.- Atencións de Carácter Complementario, que poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atencións:
a Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables. b Respiro familiar, segundo o establecido pola lexislación vixente.
c Prestacións de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.
d Prestacións que favorezan a conciliación da vida familiar e laboral.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2021 24/02/2021
23/02/2021 08:00:00
11:34:50

1.- Atencións de Carácter Básico.-

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/02/2021

Page count18

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28