Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 18 DE FEBREIRO DE 2021

N.º 039

CONCELLOS
RÁBADE
Anuncio Elevado a definitivo, por non seren presentadas reclamacións durante o prazo de exposición ao público, o acordo adoptado polo Concello Pleno, en sesión celebrada o día 14 de decembro de 2020, no que se aprobou provisionalmente a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas pola prestación dos servizos de auga, alcantarillado, saneamento e depuradora do Concello de Rábade, en cumprimento do disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, faise público o acordo de aprobación e o texto íntegro das Ordenanzas.
Contra o referido acordo, que é firme en vía administrativa, pode interpoñerse no prazo de dous meses a partires da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos que se establecen nas normas reguladoras de dita xurisdición.

NATUREZA E FUNDAMENTO
ARTIGO 1
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos do 15 ó 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE A DOMICILIO, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas no previsto no artigo 57 da citada Lei 2/2004.
FEITO IMPOÑIBLE
ARTIGO 2
Constitúe un feito impoñible da Taxa á prestación do servizo de subministro de auga potable a domicilio, a petición do interesado.
SUXEITO PASIVO
ARTIGO 3
Serán suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades ás que se refire o art. 35.4
da Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas ou locais situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso de precario.
Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios de aquelas, beneficiarios do servizo.
RESPONSABLES
ARTIGO 4
Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias dos suxeitos pasivos, as persoas físicas e xurídicas as que se refiren os arts. 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o art. 43 da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 39 año 2021 18/02/2021
17/02/2021 08:00:00
10:47:13

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA POTABLE A DOMICILIO.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/02/2021

Page count23

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28