Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 044 mércores, 24 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Causas de denegación, extinción, modificación e suspensión temporal do servizo . Artigos 13 ao 15
Coordinación e Seguimento. Artigo 16
Intensidade na prestación do servizo. Artigo 17
CAPITULO VI - REXIME SANCIONADOR: FALTAS E SANCIÓNS
Faltas e Sancións. Artigo 18
CAPITULO VII - REXIME ECONOMICO E FINANCEIRO. Artigos do 19 ao 21
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA
DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA
DISPOSICIÓN DEROGATORIA DISPOSICIÓN FINAL
Exposición de Motivos A Lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia define e regula os servizos sociais comunitarios asi coma o seu financiamento e con carácter xeral atribúe aos concellos galegos a competencia na xestión dos servizos socias comunitarios, entre eles a axuda no fogar. En desenvolvemento desta Lei a Conselleria de Traballo e Benestar aprobou o Decreto 99/2012, do 16 de marzo polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Con data 24 de setembro de 2013 publicouse o Decreto 149/2013 do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para promoción da autonomia persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo; que modifica o copago de axuda no fogar nas persoas valoradas como dependientes e na súa disposición derradeira cuarta establece que as corporacións locais disporán dun prazo de seis meses , contados desde o dia seguinte ao da publicación deste decreto para a súa adptación das súas ordenanzas ao disposto na presente norma.
Polo que cómpre adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira do citado decreto.
En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Viveiro de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria, e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, modifica o seguinte articulado do regulamento de axuda no fogar do concello de Viveiro; sendo a nova redacción do siguente tenor literal.
CAPITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto e Ámbito A presente Ordenanza ten por obxecto establecer o marco dos Servizos de Axuda no Fogar en adiante SAF
no Concello de Viveiro, como prestacións básicas do Sistema Público de Servizos Sociais que proporcionan unha serie de atencións ou coidados de carácter persoal, doméstico, psicosocial, educativo, técnico e comunitario, prestadas dentro ou fora do domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar dos cidadáns de Viveiro.
Artigo 2. Obxectivos O obxectivo xeral do SAF é promover unha mellor calidade de vida das persoas, potenciando a súa autonomía e unhas condicións axeitadas de convivencia no seu propio contorno familiar e socio comunitario. Partindo deste obxectivo xeral, podemos destacar os seguintes obxectivos específicos do Servizo de Axuda no Fogar:
1.- Favorecer a permanencia das persoas no seu contorno habitual o maior tempo posible e co maior grao de calidade de vida.
2.- Optimizar as destrezas, capacidades e habilidades persoais e familiares que permitan o máximo grao de autonomía.
3.- Mellorar o equilibrio persoal do individuo fortalecendo a colaboración coas redes naturais de apoio, especialmente da familia, previndo posibles problemas de afastamento e soidade.

Anuncio publicado en: Num BOP 44 año 2021 24/02/2021
23/02/2021 08:00:00
11:34:50

Neste Decreto establecense novas regras de cálculo para o servizo de axuda no fogar para as persoas en situación de dependencia que teñen o dereito e atención recoñecido, e para as persoas usuarias do servizo de axuda no fogar de carácter básico .

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/02/2021

Page count18

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28