Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 008 martes, 12 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
B.5.- PROGRAMA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a actividades deportivas, con cargo ao Plan único 2021 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, fixándose un gasto mínimo por actividade de 1.500,00€, non podendo solicitar actividades con gasto inferior, correspondentes ao exercicio natural de 2021.
Atenderase ao establecido na Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.
B.6.-CELEBRACIÓN DE ACTUACIÓNS/EVENTOS TURÍSTICOS.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a promoción turística local, con cargo ao Plan único 2021 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, fixándose un gasto mínimo por actividade de 1.500,00€, non podendo solicitar actividades con gasto inferior, correspondentes ao exercicio natural de 2021.
Tomarase en conta o establecido na Lei 7/2011, de 27 de outubro, de turismo de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.
B.7.-CELEBRACIÓN DE FEIRAS, MERCADOS E OUTROS
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a feiras, mercados e análogos, con cargo ao Plan único 2021
da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, fixándose un gasto mínimo por actividade de 1.500,00€, non podendo solicitar actividades con gasto inferior, correspondentes ao exercicio natural de 2021.
Terase en consideración o establecido na Lei 45/2007, do 13 de decembro, de desenvolvemento sustentable do medio rural, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.

A Deputación de Lugo, ten como competencia propia, entre outras, segundo se establece na Lei 7/1985, de 2
de abril, reguladora das bases de réxime local, a prestación dos servizos de administración electrónica nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes Neste sentido, no ano 2016, esta entidade colaborou cos concellos da provincia mediante a sinatura dun convenio con cada un deles destinado a axudar na financiación dos custes de implementación e desenvolvemento dos sistemas e aplicacións informáticas que posibilitan a administración electrónica e tramitación de expedientes electrónicos, adecuándose e adaptándose aos requirimentos da lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015 do 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público.
Para contribuír á sostibilidade de dito investimento, a Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos este programa destinado á financiación do mantemento dos sistemas e aplicativos informáticos implantados ao abeiro dos mencionados convenios e que conforman os sistemas e servizos de administración electrónica.
Por outra banda, tanto o Regulamento UE 2016/679 do Parlamento e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos datos e polo que se derroga a Directiva 95/46 CE, Regulamento Xeral de Protección de Datos en adiante, RXPD, así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais en adiante, LOPDGDD, que son actualmente as normas vixentes e de aplicación en materia de protección de datos, supoñen un cambio substancial a nivel organizativo, documental, procedimental e de recursos de cara ao citado tratamento dos datos de carácter persoal.
Para dar cumprimento a estas normas, as entidades dispoñen de diversa documentación e procedementos, os cales precisan ser adaptados, mantidos e actualizados, xa que este tipo de información e sistemas son vivos e moi susceptibles de cambiar. Con esta finalidade, a Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos esta liña de axudas destinada á adecuación e actualización dos seus sistemas de xestión e diversa documentación relativa ao tratamento de protección de datos de carácter persoal.
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a administración electrónica e protección de datos, con cargo ao Plan Único 2021 da Deputación de Lugo a cantidade que cada concello determine, fixándose un gasto mínimo por actividade de 1.500,00€, non podendo solicitar actividades con gasto inferior, correspondentes ao exercicio natural de 2021.
B.9.-PROTECCIÓN CIVIL.
Con carácter xeral os concellos que conten con agrupación de Protección Civil, legalmente constituída, poderán destinar, a gasto corrente de protección civil, con cargo ao Plan único 2021 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, correspondentes con todo o exercicio natural de 2021, fixándose un máximo de 4.000,00 euros, especificando as actuacións que se pretenden financiar, e que deberán coincidir coas xustificadas nos mesmos termos. No caso de destinar cantidade a investimentos, estes deberán ser incluídos no programa B.1.- Investimentos.
Desta sorte, a Deputación Provincial axuda ao funcionamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos municipios, que contan con escasos recursos e axudan á seguridade das persoas e dos bens. A LBRL no seu artigo 25.2, letra f, determina que os municipios exercerán, en todo caso, como competencia propias, nos termos da lexislación do Estado e das comunidades autónomas, en materias como a protección civil.

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2021 12/01/2021
11/01/2021 08:00:00
10:07:56

B.8.-ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/01/2021

Page count37

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31