Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 12 DE XANEIRO DE 2021

N.º 008

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio O Pleno da Deputación Provincial de Lugo, na sesión ordinaria que tivo lugar o 29/12/2020, acordou a aprobación do asunto que deseguido se menciona:
BASES DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021.

1.1. O presente PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2021 é un Plan propio da Deputación Provincial de Lugo para o exercicio 2021 destinado aos 67 concellos da provincia, que se elabora no marco do previsto no artigo 36.2.a da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e nos artigos 32 e 33 do Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, que establecen a obriga das deputacións provinciais de aprobar anualmente un plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, en cuxa elaboración deben participar os Concellos da provincia. O plan, que deberá conter unha memoria xustificativa dos seus obxectivos e dos criterios de distribución dos fondos, criterios que en todo caso han de ser obxectivos e equitativos e entre os que estará a análise dos costes efectivos dos servizos dos concellos poderá financiarse con medios propios da Deputación, as achegas municipais e as subvencións que acorden a comunidade autónoma e o Estado con cargo aos seus respectivos presupostos
1.2. O Plan finánciase coas seguintes achegas:
a Cunha achega da Deputación provincial por importe de 21.500.000,00€, e segundo informe de intervención, en síntese:

O gasto financiarase con cargo á anualidade 2021, figurando crédito dispoñible suficiente nos orzamentos para o ano 2021, inicialmente aprobados polo Pleno o 30 de novembro de 2020 polo importe de 11.028.382,85 €.

Para o importe restante, que ascende a 10.471.617,15 €, a Deputación debe adquirir o compromiso, supeditado á dispoñibilidade orzamentaria e ao cumprimento dos principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira de modificar o orzamento xeral de 2021.

Este gasto anticipado cumpre co establecido na base 18 de execución do Orzamento Xeral, segundo o exposto no parágrafo anterior.

b Achegas dos concellos: Nun importe equivalente ao mínimo obrigatorio do plan de obras e servicios POSdo ano 2016 por concello e polas que voluntariamente aporte cada concello a maiores.
1.3.- O órgano competente para a aprobación das presentes bases do plan provincial único de cooperación cos concellos 2021 é o Pleno da Corporación, de acordo co establecido na lexislación de réxime local.
2.- ANTICIPOS
Logo da aprobación definitiva do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021, a Deputación Provincial poderá aboar un anticipo de ata o 50% sobre o importe total da achega, con dispensa de garantía e previa solicitude do concello.
Para o aboamento do devandito anticipo o Concello deberá achegar a seguinte documentación:
1. Solicitude do anticipo.
2. Declaración responsable na que se faga constar que a concello non é debedor por resolución de procedencia de reintegro, é dicir, que non ten pendente de ingreso no Tesouro Público ningunha reclamación de débeda derivada dunha resolución de reintegro de axuda pública.

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2021 12/01/2021
11/01/2021 08:00:00
10:07:56

1.- DENOMINACIÓN, APLICACIÓN ORZAMENTARIA E APROBACIÓN DAS BASES

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/01/2021

Page count37

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31