Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 26 DE XANEIRO DE 2021

N.º 020

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA
Polo órgano competente desta Deputación foi tomado en consideración o proxecto da obra:
MONDOÑEDO.- Proxecto modificado Reparación e mellora de viais en Seivane, Estelo, Zoñán, Pumariño e Combarro, incluído honorarios.
EXPTE GTM: 2020/PES_03/022725
A FONSAGRADA.- Proxecto modificado de actuacións de acondicionamento pista de Vilapiñol ao Fito, reposición de servizos na Rúa Os Chaos, apertura camino en Cereixido, rehabilitación de muro na Pobra de Burón e acondicionamento de camiños interiores en Moreira, por administración, incluído honorarios.

En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, e demais normativa de aplicación, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de VINTE 20 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade e aos efectos establecidos no Art. 93 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de Abril e no Art. 83 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Lugo, 15 de xaneiro de 2021.- O PRESIDENTE, JOSÉ TOMÉ ROCA, por decreto de data 26-07-2019. O DEPUTADO
DELEGADO DE PROMOCIÓN ECONOMICA E SOCIAL, Pablo Rivera Capón. A SECRETARIA XERAL, P.S. O Secretario Xeral Adxunto, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 0142

CONCELLOS
A FONSAGRADA
Anuncio Logo de aprobar definitivamente por resolución da Alcaldía número 2021-0008 con data do 18 de xaneiro do 2021 o expediente de aprobación do Plan Municipal de prevención de incendios publícase o mesmo para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Contra a presente Resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o Alcalde/Pleno deste Concello, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor Vde. calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.
A Fonsagrada, 18 de xaneiro de 2021.- O Alcalde, Carlos López López.
R. 0143

Anuncio publicado en: Num BOP 20 año 2021 26/01/2021
25/01/2021 08:00:00
10:36:19

EXPTE GTM: 2020/PES_03/021498

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 26/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date26/01/2021

Page count3

Edition count3286

First edition01/03/2013

Last issue25/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31