Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 22 DE XANEIRO DE 2021

N.º 017

CONCELLOS
FRIOL
Anuncio BASES REGULADORAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA ELABORACIÓN DE LISTAXE TEMPORAL
DUN/DUNHA TRABALLADOR/A SOCIAL CONVOCADO POLO CONCELLO DE FRIOL AGRUPACIÓN FRIOL E
GUNTÍN DE PALLARES

2.- Tipo da provisión.- as persoas que sexan convocadas para o seu nomeamento e que veñan desempeñando unha actividade pública ou privada e queiran continuar realizando a mesma, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade de conformidade co establecido no art. 13 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo da Administración do Estado, de la Seguridade Social e dos Entes, Organismo e Empresas Dependentes, en relación co art. 10 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.
De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo ao Concello, as persoas aspirantes chamadas comprometeranse a renunciar á devandita actividade para poder tomar posesión.
3.- Sistema selectivo.- realizarase mediante procedementos áxiles que respectarán en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.
A selección dos candidatos/as mais idóneos/as realizarase a través do procedemento de selección de concursooposición libre. Todo elo de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
4.-Requisitos dos/as aspirantes.- serán requisitos mínimos dos/as aspirantes ao proceso selectivo, en aplicación do artigo 56 do TREBEP:
a Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou de calquera daqueles Estados aos que en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos establecidos na normativa vixente. Ademais, tamén poderán acceder á praza os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas.
b Ter cumprido a lo menos 16 anos de idade e non exceder da idade de xubliación forzosa.
c Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desempeño das funcións que lle son propias.
d Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Diplomatura/grado en Traballo Social. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán acompañar o documento que acredite fidedignamente a súa homologación.
e Posuir coñecemento do idioma galego, que deberá acreditarse debidamente. Celga 4 ou equivalente. Se non se pode acreditar este requisito concreto, poderase acceder ao proceso selectivo, pero será necesario superar a realización dunha proba de lingua galega, nos termos sinalados nas presentes bases, no apartado referido ao desenvolvemento do proceso.

Anuncio publicado en: Num BOP 17 año 2021 22/01/2021
21/01/2021 08:00:00
10:51:48

1.- Obxecto da convocatoria.- é obxecto das presentes bases establecer o procedemento de selección para elaboración de listaxe de emprego temporal para prestar servizos como persoal laboral temporal dun/dunha Traballador/a Social. Elo por calquera causa que xustifique o chamamento, de conformidade co establecido na lexislación vixente. A convocatoria farase polo sistema de concurso-oposición, conforme á tramitación esixida pola vixente lexislación. Formalizarase co persoal seleccionado un contrato, de conformidade ao previsto no Estatuto dos Traballadores, asimilándose en canto a retribucións ao Grupo A2 e as do traballador social da Agrupación. A relación laboral comezará, unha vez sexa necesario ocupar algún dos dous postos de Traballador Social da Agrupación Friol e Guntín de Pallares.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/01/2021

Page count26

Edition count3280

First edition01/03/2013

Last issue18/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31