Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 008 martes, 12 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
Cada municipio deberá destinar a investimentos, como mínimo, o 50 por 100 do importe da achega que fai a Deputación Provincial a este plan, ao que deberá engadirse, como mínimo, a aportación obrigatoria que cada Concello debe aportar ao programa de investimentos.
Non obstante, o 60% do mínimo esixido a destinar a investimentos da aportación da Deputación 50% do plan deberá ser destinado ao arranxo, reparación e mellora de vías públicas municipais.
De xeito excepcional, e con motivo da situación de crise sanitaria do COVID-19, exceptuase da obriga de destinar o 50% da achega da deputación a investimentos, a aqueles concellos que lles sexa necesario facer fronte a gastos correntes derivados da situación sanitaria por mor do coronavirus COVID-19.
Non obstante, das cantidades destinadas a investimentos, mantense a obriga do Concello de dedicar o 60 por cento da achega provincial ao arranxo e mellora de vías municipais.
A aportación mínima que cada Concello debe achegar, poderá incluírse integramente nun dos investimentos ou en varios. A achega mínima de cada concello indícase en anexo ao efecto.
No Plan Único pódense incluír todas as obras e/ou subministracións que sexan de competencia municipal, co cumprimento das aportacións mínimas indicadas no parágrafo anterior, con preferencia das asociadas aos servizos mínimos obrigatorios, de acordo co establecido nos citados artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Os custes de redacción de proxectos, prescricións técnicas e outros estudos ou documentos técnicos necesarios para executar os investimentos incluídos, ao igual que os gastos derivados da dirección, en cada caso requirida, para a súa execución, poden ser financiados con cargo aos fondos deste plan.

Poderán ser incluídos, con cargo ao Plan único 2021, investimentos cuxo procedemento de licitación se inicie antes da aprobación do Plan. Se ben, non poderán incluírse investimentos licitados con anterioridade ao 01/01/2021. Neste senso a disposición adicional terceira .2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro indica se podrán tramitar anticipadamente los contratos cuya ejecución material haya de comenzar en el ejercicio siguiente o aquellas cuya financiación dependa de un préstamo, un crédito o unha subvención solicitada a otra enditad pública o privada, sometiendo la adjudicación a la condición suspensiva de la efectiva consolidación de los recursos que han de financiar el contrato correspondiente No caso de ser incluídos honorarios facultativos de redacción de proxectos ou outros documentos técnicos necesarios, estes poderán ser adxudicados ou encargados a súa execución nestes mesmos prazos.
B.2.-PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR
Esta liña, integrase nas prioridades do orzamento Provincial, conforma unha acción específica do Estado Social, cumpre co establecido no artigo 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, e posteriores modificacións, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento e nos artigos 25, 52, 54, 63 e concordantes da Lei 13/2008, de 3 de decembro de servizos socias de Galicia.
Cada concello vén obrigado a destinar ao financiamento do servizo de axuda no fogar, como mínimo, unha contía igual ao importe da achega finalmente efectuada pola Deputación provincial en 2016, con cargo ao convenio de colaboración asinado coa Deputación para esta finalidade, agás que na anualidade de 2017, 2018
ou 2019 este financiamento fose inferior, tendo en conta a xustificación dos concellos, en cuxo caso se utilizara esta última contía VER ANEXO VII
A cantidade determinada como mínima poderá ser incrementada polos concellos con cargo aos fondos do Plan Único, respectando as contías establecidos para os outros programas.
B.3.-PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO
Esta liña vai destinada á contratación ou nomeamento de persoal para a execución de obras e servicios mínimos obrigatorios de competencia municipal, de interese xeral e social, de conformidade coa normativa aplicable, sempre que se cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.
B.4.- PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS
Con carácter xeral os concellos poderán destinar, a actividades culturais, con cargo ao Plan único 2021 da Deputación de Lugo a cantidade que cada Concello determine, fixándose un gasto mínimo por actividade de 1.500,00€, non podendo solicitar actividades con gasto inferior, correspondentes ao exercicio natural de 2021.
Debe terse en conta o establecido na Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, en canto ás competencias e funcións atribuídas aos Concellos e ás Deputacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2021 12/01/2021
11/01/2021 08:00:00
10:07:56

Con cargo ao Plan Único non se poderá financiar gasto corrente, agás os destinados aos programas SAF, Fomento do Emprego, actividades culturais e deportivas, administración electrónica e protección de datos, protección civil e a celebración de actuacións/eventos turísticos, feiras, mercados e análogos e derivados da situación de emerxencia sanitaria COVID-19, nos termos establecidos nestas bases.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/01/2021

Page count37

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31