Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/01/2021

Text version What is this?*Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 8 DE XANEIRO DE 2021

N.º 005

CONCELLOS
CERVANTES
Anuncio CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE 1
UN/UNHA AUXILIAR ADMINISTRATIVO, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL, CON CARGO AO PROGRAMA
FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS DA DEPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO, ANUALIDADE 2020.
PRIMEIRA.- NORMAIS XERAIS.
1.1 Obxecto.

Un/unha auxiliar administrativo, para o servizo de administración xeral, no marco do Plan de Fomento do Emprego do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación Provincial de Lugo, anualidade 2020.

O contrato de traballo concertarase cunha duración total de oito 8 meses, a xornada completa, baixo a modalidade de contratación laboral temporal por obra ou servizo, segundo o establecido na aprobación do citado Plan.
1.2 Normas de aplicación.
O procedemento de selección regularase polo previsto nas presentes bases, e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables, e de acordo coas instrucións da Deputación Provincial de Lugo para a execución do PROGRAMA
FOMENTO DO EMPREGO 2020, ao abeiro do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos, anualidade 2020.
1.3. Sistema de selección.
O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso - oposición.
1.4. Publicidade.
A presente convocatoria e as bases publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Cervantes: https cervantes.sedelectronica.gal, ao igual que o resto das publicacións a que faga referencia a lexislación vixente. Publicarase a convocatoria no B.O.P. de Lugo.
As bases íntegras e a convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Cervantes, na web da Deputación Provincial de Lugo, e na sede electrónica do Concello de Cervantes https cervantes.sedelectronica.gal SEGUNDA.- MODALIDADE DO CONTRATO.
O carácter do contrato será en réxime laboral temporal por obra ou servizo.

Ocupación: AUXILIAR ADMINISTRATIVO, Grupo de Cotización 7

Anuncio publicado en: Num BOP 5 año 2021 08/01/2021
07/01/2021 00:00:00
11:11:57

O obxecto das presentes bases é regular o proceso de selección para a contratación laboral temporal de un/unha traballador/a, coa seguinte categoría:

Acerca de esta edición

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/01/2021

Page count10

Edition count3263

First edition01/03/2013

Last issue27/03/2024

Download this edition

Otras ediciones