Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 008 martes, 12 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
Debemos tomar como referencia tamén o disposto na Lei 17/2015, do 9 de xullo, do sistema nacional de protección civil, como norma básica, como a Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia.
B.10.-GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA POR MOR DO
CORONAVIRUS COVID-19.
Con motivo da situación de crise sanitaria derivada de COVID-19 a fin de que as entidades municipais poidan facer fronte as gastos correntes derivadas de tal situación, a fin de minimizar os riscos e protexerse fronte a esta pandemia os concellos poderán destinar a este programa o importe que consideren preciso, podendo destinarse á concesión de axudas a todos os sectores da actividade económica, nomeadamente ao apoio dos sectores turísticos, comercial e hostalaría, así como a gastos de persoal destinado a este fin, respectando o mínimo a destinar para o programa SAF B.2, durante o exercicio 2021.
B.11.-EXCLUSIÓNS
1. En ningún caso, os Concellos poderán financiar, total ou parcialmente, con cargo aos fondos do Plan único 2021 actividades nas que se empreguen animais que non sexan domésticos e para a súa exposición, exhibición e/ou comercialización; aos que se lles instigue sufrimento, tales como touradas; que se atopen en cautividade e/ou se empreguen para a súa explotación en espectáculos, tales como circos nos que se empreguen animais.
2. En ningún caso os Concellos poderán financiar, total ou parcialmente, con cargo aos fondos do Plan Único 2021 aqueles actuacións/eventos nos que se faga un uso sexista da identidade sexual ou nos que se celebren actividades que poidan ter a consideración de pexorativas da identidade de xénero ou sexual.
3. Quedarán excluídos de ser financiados, a través do Plan único 2021, aquelas actividades en cuxa organización non participen os Concellos.
4. No poderá destinarse cantidade algunha á financiación de custos de comidas.

6. Non poderán incluírse, con cargo ao plan único, os gastos dos conservatorios, posto que están previstos como subvencións nominativas no orzamento de 2021.
7. No caso de contratar persoal, para prestar servicios de SAF, con cargo ao programa de fomento do emprego, este gasto de persoal non poderá imputarse a SAF, ou de imputarse a SAF, non poderá xustificarse no programa de fomento do emprego ou calquera outro programa.
4.- CRÉDITOS FINALISTAS E APORTACIÓNS MUNICIPAIS MÍNIMAS.
Sendo a finalidade do Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2021 constituír o instrumento que a Deputación Provincial pon ao servizo da autonomía dos municipais, soamente son finalistas os seguintes créditos orzamentarios e polas cantidades que se indican que constitúen a cantidade mínima obrigatoria para cada plan, programa e municipio:
a. Investimentos -

Deberán adicar a investimentos unha cantidade equivalente ao 50% do total da axuda asignada con cargo á aportación desta Deputación, dos cales o 60% deberá dedicarse a arranxo, reparación ou mellora de vías públicas municipais.

b. Servizo de axuda no fogar -

Cada concello vén obrigado a destinar ao financiamento do servizo de axuda no fogar, como mínimo, unha contía igual ao importe da achega finalmente efectuada pola Deputación provincial en 2016, con cargo ao convenio de colaboración asinado coa Deputación para esta finalidade, agás que na anualidade de 2017, 2018 ou 2019 este financiamento fose inferior, tendo en conta a xustificación dos concellos, en cuxo caso se utilizara esta última contía. mínimo de cada concello achegado en Anexo VII.

5.- DETERMINACIÓN
COOPERACIÓN-2021

PARA OS

GASTOS

CORRENTES

CON CARGO

A

ESTE PLAN ÚNICO

DE

En ningún caso se poderá financiar con cargo ao Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2021, gastos correntes para finalidades distintas das previstas nestas bases. O incumprimento desta condición dará lugar á tramitación do correspondente procedemento de perda do dereito e/ou reintegro.

O importe destinado a gasto corrente, é dicir, ás actuacións que non sexa investimento, relativo aos programas: B4.-actividades culturais, B5.-actividades deportivas; B6.-actuacións/eventos turísticos; B7.-feiras, mercados ou análogos; B8.-administración electrónica e protección de datos; non poderá superar o 30%
da contía atribuída a cada Concello nesta anualidade do Plan único.

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2021 12/01/2021
11/01/2021 08:00:00
10:07:56

5. Non poderá destinarse cantidade algunha á financiación de verbenas e orquestras, salvo que sexan actuacións que fomenten a cultura en xeral e/ou a tradición galega, a súa divulgación e a súa posta en valor.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/01/2021

Page count37

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31