Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 008 martes, 12 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
3. Documento emitido pola entidade bancaria, no que figure o CIF do Concello, no que conste a conta na que se procederá, no seu caso, ao abono do correspondente anticipo, unha vez tramitada a documentación achegada.
No caso de que a Deputación tivese aboado o anticipo e o concello non executase ou xustificase a totalidade da cantidade ingresada por este concepto, o concello presentará documentación xustificativa do reintegro da parte non executada na conta da Deputación: ES04-2080-0163-8531-1000-0423, practicada a liquidación de xuros de mora correspondentes. De non cumprirse esta obrigación, procederá o reintegro da cantidade percibida e non executada, e a esixencia dos xuros de mora correspondente dende o momento daquel pagamento ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro, nos termos que contempla o artigo 37.2 da lei xeral de subvencións e o artigo 34.2 da lei de subvencións de Galicia.
3.- FINALIDADE E OBXECTO
O artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece que é competencia propia das deputacións provinciais a asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos, especialmente aos de menor capacidade económica e de xestión, e que para estes efectos a Deputación aproba anualmente un Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal en cuxa elaboración deben participar os concellos da provincia.
A.- FINALIDADE

O Pan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 supón unha continuidade da profunda reformulación levada a cabo no exercicio 2017, no que atinxe aos instrumentos de cooperación cos municipios, na medida en que a mesma pasa a concentrarse, basicamente, nun Plan Provincial Único que se distribúe territorialmente con criterios obxectivos, reducindo drasticamente a discrecionalidade na asignación dos fondos provinciais, perfeccionando as políticas de equidade, obxectividade e transparencia nas accións de cooperación cos concellos, sen prexuízo de escoitar e atender necesidades concretas e finalidades comúns por outros sistemas como os convenios de cooperación.
Xunto co anterior, preténdese unha racionalización, simplificación e redución dos instrumentos de colaboración cos municipios que se viñan desenvolvendo mediante liñas de subvención ou achegas, de tal maneira que a colaboración financeira da Deputación cos concellos queda concentrada basicamente neste Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos.
De conformidade coa Disposición Adicional oitava da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de Subvencións, na redacción vixente, as Subvencións que integran o programa de cooperación económica do Estado aos investimentos das autoridades locais, do mesmo xeito que as subvencións que integran plans ou instrumentos semellantes que teñan por obxecto levar a cabo funcións de apoio e cooperación municipal réxense pola súa normativa específica, resultando da aplicación supletoria as disposicións da devandita lei. Xa que logo resulta de aplicación supletoria a lexislación de subvencións, nomeadamente no seu caso reintegro.
O procedemento de resolución destas axudas é o de réxime de concorrencia.
As axudas destinadas aos programas que non sexa investimentos programa B1 serán compatibles con outras para a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da achega en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, supere o custo da finalidade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da LXS.
Para estes efectos, e en conformidade co disposto no artigo 14.1.d da Lei xeral de Subvencións e no artigo 33 do seu Regulamento, unha das obrigas do beneficiario é a de comunicarlle á Deputación a obtención doutras axudas que financien as finalidades incluídas neste Plan.
En aras a unha xestión áxil e eficaz, o programa de investimentos financiados a través deste plan, unicamente serán cofinanciados pola Deputación e o Concello, no seu caso, non admitíndose investimentos con cofinanciación doutras entidades, a fin de que o plan non se vexa afectado por obrigas impostas por entidades que cofinancian as actuacións B.- OBXECTO
Para acadar estas finalidades, os concellos poderán solicitar a aplicación dos fondos provinciais asignados aos seguintes programas:
B.1 - PROGRAMA DE INVESTIMENTOS
O concello deberá destinar a achega da Deputación ao financiamento de investimentos de competencia municipal, de acordo cos seguintes criterios:

Anuncio publicado en: Num BOP 8 año 2021 12/01/2021
11/01/2021 08:00:00
10:07:56

Co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021, a Deputación provincial trata de dar resposta ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade en que e como gastar mediante a ampliación e flexibilización do seu obxecto, que pasa a ser múltiple, facilitando tamén a planificación da actividade dos respectivos gobernos municipais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 12/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date12/01/2021

Page count37

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31