Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

5

Núm. 223 luns, 28 de setembro de 2020

BOP Lugo
Según o previsto no artigo 22.4º da Lei 7/85, do 2 de abril reguladora das bases do réxime local na súa redacción dada pola Lei 11/99, de 21 de abril e Lei 8/2007, de 28 de maio, O Pleno pode delegar o exercicio das súas atribucións no Alcalde e na Xunta de Goberno Local, salvo as enunciadas no apartado 2, parágrafos a, b, c, d, e, f, g, h, i, l e p, e no apartado 3 deste artigo. En semellantes termos exprésase o artigo 64.5 da Lei 5/1997,do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Logo de examinar as normas antes citadas e o artigo 51 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, nos seus parágrafos 1º, 2º e 3º, o pleno do concello acorda:
Primeiro.- Delegar na xunta de goberno local a totalidade das atribucións delegables do Pleno, é dicir, agás as enumeradas no artigo 22.4 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na súa vixente redacción e todas as demais competencias que de xeito expreso lle atribúan as leis, que non sexan declaradas indelegables, e os acordos que no exercicio destas deban ditarse sempre que non esixan os quorums que se establecen nos parágrafo 2º do artigo 47 da Lei 7/1985, do 2 de abril.
Segundo.- A delegación de competencia refírense, en todas as materias delegadas, tanto a competencia para ditar actos de trámite como actos resolutorios sobre o fondo do asunto e que afecten a terceiros. Nestes supostos os acordos adoptados pola xunta de goberno local poñerán fin á vía administrativa.
Terceiro.- O exercicio das competencias delegadas farase de conformidade con canto se estableza na lexislación de aplicación e co réxime xeral previsto no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Cuarto.- Publíquese na súa parte dispositiva no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade con canto se establece polo artigo 13.3.d da Lei 30/1992, do 26 de novembro e no 51.2 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais.
Monterroso, 22 de setembro de 2020.- A Alcaldesa, Rocío Seijas Vázquez.

MURAS
Anuncio MANUEL REQUEIJO ARNEJO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MURAS LUGO
Vista a Resolución 2020-0095 de 16.03.2020 na que aprobaba a lista de aspirantes admitidos para participar na convocatoria para a selección dun/ha traballador social no Concello de Muras e o nomeamento do tribunal xulgador.
Visto que polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo polo que se declara o estado de alarma sanitaria dita convocatoria quedou paralizada.
Considerando que nestes momentos pódense realizar as probas selectivas con suficientes garantías xa que Concello conta con varios locais para poder situar aos aspirantes separados garantindo que en ningún momento haberá máis de dez persoas xuntas e cumprindo as correspondentes distancias de seguridade.
De acordo co establecido na base 6 da convocatoria, de conformidade coas atribucións establecidas no artigo 21.1 da Lei 7/1985, en relación co artigo 61.1 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia RESOLVO:
PRIMEIRO.- Sinalar como data para realizar a primeira das probas da fase de oposición o día 9 DE OUTUBRO
DE 2020 as 11:00 horas no Local Social do Concello de Muras, sita en Avda. Unión Murense en Muras, para o cal quedan citados tódolos aspirantes admitidos. Ese mismo día se lles comunicará aos aspirantes a data da realización da segunda proba; data que será publicada no taboleiro de Edictos do Concello e na súa páxina web.
SEGUNDO.- Convocar aos membros do tribunal xulgador o día 9 de outubro de 2020 ás 10.00 horas para súa constitución.
TERCEIRO.- Todos os aspirantes deberán levar mascarilla obrigatoria correctamente posta. No interior da aula, unha vez sentados todos os aspirantes e garantida unha separación corporal de alo menos 1,5 metros, os aspirantes NON poderán retirar a súa mascarilla. Na sala na que se realicen exames se disporá un dispensador de xel hidro alcohólico para o seu uso ao acceder a aula. Durante a celebración do exame os aspirantes seguirán as instrucións dos membros do tribunal. Durante a celebración do exame non se permitirá o intercambio de material entre os aspirantes: bolígrafos, lápices, gomas Cada aspirante utilizará o material co que acudirá a realizar as probas. Igualmente os membros do tribunal non facilitarán ningún material aos aspirantes, a excepción das follas do examen.

Anuncio publicado en: Num BOP 223 año 2020 28/09/2020
25/09/2020 08:00:00
12:11:45

R. 2216

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 28/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date28/09/2020

Page count28

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930