Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 218 martes, 22 de setembro de 2020

BOP Lugo
a Proba de coñecementos xerais e específicos. Obrigatoria e eliminatoria A proba a realizar na fase de oposición será de carácter teórico e a súa finalidade é que as persoas aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específicas contidas no programa.
A proba consistirá nun exame tipo test que abrangue a totalidade do programa materias comúns e específicas.
O Tribunal determinará:

O número de preguntas do exame tipo test.

O tempo para a realización da proba.

Os criterios de corrección, podendo penalizar no exame tipo test as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección.

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.
b Suposto práctico. Obrigatoria e eliminatoria Consistirá na realización por escrito dun o varios supostos prácticos determinados polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización de entre as materias/funcións obxecto da praza que se convoca.
Durante o desenvolvemento do exercicio os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, quedando excluídos os manuais, compendios de xurisprudencia e libros de doutrina especializada.
O Tribunal determinará:

O tempo para a realización desta proba.

Si este exercicio debe ser lido polos aspirantes.

5.2. FASE DE CONCURSO. BAREMO DE MÉRITOS puntuación máxima 12 puntos.
Criterios xerais para todos os apartados do baremo:

Só se valorarán os méritos que a xuízo do Tribunal estean debidamente acreditados.

Non se valorarán os méritos acreditados que non estean relacionados, a xuízo do Tribunal, coas funcións sinaladas do emprego convocado.

5.2.1 Experiencia profesional puntuación máxima de 7 puntos.
Criterios xerais:

O cómputo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados no informe de vida laboral.

A experiencia nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público puntuarase se a relación de servizos é funcionarial, laboral ou, se é o caso, autónoma.

No suposto de ser autónomo a puntuación realizarase segundo o tempo certificado polas Administracións Públicas ou polas Entidades do Sector Público que corresponda.

A puntuación da experiencia profesional en entidades privadas realizarase en atención a denominación dos servizos prestados que figuren no contrato de traballo ou na nómina.

Criterios de puntuación:
a Experiencia profesional nas Administracións Públicas e/ou nas Entidades do Sector Público.

Desempeño nas mesmas prazas/postos/empregos que se convoca: Valorarase a razón de 0,18 puntos por cada 30 días de traballo.

Desempeño da prazas/postos/empregos con funcións similares: Valorarase a razón de 0,10 puntos por cada 30 días de traballo.

b Experiencia profesional en Entidades Privadas.

Desempeño do mesmo posto/emprego: Valorarase a razón de 0,12 puntos por cada 30 días de traballo.

Desempeño de postos/empregos similares: Valorarase a razón de 0,07 puntos por cada 30 días de traballo.

5.2.2. Formación académica puntuación máxima de 1 punto.
Criterios xerais:

Anuncio publicado en: Num BOP 218 año 2020 22/09/2020
21/09/2020 08:00:00
12:41:17

Cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/09/2020

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930