Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

-

Núm. 218 martes, 22 de setembro de 2020

BOP Lugo
Modalidade da listaxe: Específica
O extracto da convocatoria e as bases específicas publicarase no Boletín Oficial da Provincia BOP, no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina web www.concellodealfoz.com.
Prazo de presentación: Será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no BOP.
Lugar de presentación: Será no Rexistro Xeral do Concello ou a través das formas establecidas na vixente Lei do Procedemento Administrativo Común.
BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN PARA CUBRIR UN
EMPREGO: ARQUITECTO TÉCNICO, FUNCIONARIO INTERINO ART. 10.1.c/ EBEP, A TRAVÉS DO SISTEMA
DE CONCURSO-OPOSICIÓN, PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE ALFOZ PROGRAMA: FOMENTO DO
EMPREGO 2020 PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2020 E CREACIÓN DUNHA
LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL.
1. OBXECTO.
Constitúe o obxecto das presentes bases específicas, que complementan as bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal para prestar servizos no concello de Alfoz publicadas no BOP de Lugo de data 23 de novembro de 2017, a regulación do procedemento de selección mediante sistema de concursooposición do posto de ARQUITECTO TÉCNICO a xornada completa ao abeiro do Programa de Fomento do Emprego 2020 de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2020, publicado no BOP
de Lugo de data 3 de abril de 2020.

-

DENOMINACIÓN: ARQUITECTO TÉCNICO.

-

GRUPO/SUBGRUPO PROFESIONAL: A/A2.

-

RÉXIME XURÍDICO: FUNCIONARIAL FUNCIONARIO INTERINO DO ARTIGO 10.1.c/ execución de programas de carácter temporal do RDL 5/2015, do 30 de outubro, Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

-

DURACIÓN DO VÍNCULO DE SERVIZO: 11 MESES desde a formalización do contrato e cun límite temporal do 30/09/2021.

-

TEMPO XORNADA: A TEMPO COMPLETO.

-

COMETIDO FUNCIONAL: Consistirá na realización de funcións propias de atención e información de trámites e normativa urbanística a veciños e empresas, colaboración e supervisión na tramitación de expedientes de comunicación previa, asistencia técnico-urbanística en materias da competencia por habilitación profesional, xestión de solicitudes de autorizacións sectoriais en actuacións municipais e actuacións de materia de disciplina urbanística no ámbito da súa habilitación profesional, así como a redacción de pequenas memorias ou proxectos municipais, supervisión da execución dos mesmos e asistencia na comprobación material de inversións.

3.- RETRIBUCIÓNS: Soldo correspondente ao Grupo/Subgrupo Profesional A/A2 e Nivel Complemento de Destino: 26. Dúas pagas extras ou, se é o caso, a parte proporcional correspondente.
4. REQUISITOS DOS ASPIRANTES.
a Xerais:
- Titulación Académica mínima necesaria para participar no proceso selectivo: Diplomatura en Arquitectura Técnica /Aparellador ou título de grao equivalente Grao de Enxeñería da Edificación que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto técnico, ou estar en condicións de obtelo na data en que remata o prazo de presentación de instancias.
b Específicos:
- Estar inscrito na Oficina de Emprego en situación de desemprego ou de mellora de emprego, que deberá acreditarse con certificación da Oficina de Emprego.
- Nivel de coñecemento do idioma galego esixido para realizar as funcións da praza/posto/emprego convocado:
CELGA 4 ou se carece desta acreditación a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego.
Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.
5. SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO - OPOSICIÓN.
5.1. FASE DE OPOSICIÓN.

Anuncio publicado en: Num BOP 218 año 2020 22/09/2020
21/09/2020 08:00:00
12:41:17

2. DENOMINACIÓN DO EMPREGO E CARÁCTERÍSTICAS:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/09/2020

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930