Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 270 mércores, 24 de novembro de 2021

BOP Lugo
- Calquera outro traballo considerado urxente e inaprazable, no ámbito das competencias municipais obrigatorias, propias do posto de traballo de operario de maquinaria e condutor de vehículos do concello.
AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A:
Labores de apoio ó persoal funcionario do concello, a modo orientativo:
-Atención ao público, telefónica e persoal.
-Elaboración e mecanografado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos.
- Manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade gravación de datos, obtención de listaxes, etc..
- Xestión de correspondencia recepción, distribución e arquivo.
-Tarefas sinxelas e programadas ou estandarizadas da xestión administrativa.
-Fotocopiado e escáneo de documentos así como tarefas administrativas diversas propias do posto de traballo de auxiliar administrativo.
4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do TREBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes:
a Nacionalidade:
a.1 Ter a nacionalidade española.

a.3 Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.
b Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.
c Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
e Titulación: Para o posto de Auxiliar administrativo título de graduado Educación Secundaria Obrigatoria ESO, ou bacharel elemental. No caso de alegar equivalencias de títulos achegarase o certificado ao efecto da Consellería de Educación ou organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fehacientemente a súa homologación.
Para os postos de peón de obras e servizos, mecánico operario e operario de maquinaria e condutor de vehículos non se requiren titulacións específicas. Para os postos de mecánico operario e o posto de operario de maquinaria e condutor de vehículos estar en posesión do permiso de conducir tipo B ou superior.
f Para o caso da/o auxiliar administrativo/a incluirase un exame de galego, agás para aqueles/as aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 3 , iniciación á lingua galega ou equivalente, como mínimo requisito que deberá acreditar coa presentación da copia compulsada do mesmo . A cualificación do exame será de apto/a ou non apto/a e terá carácter eliminatorio sendo necesaria a obtención da cualificación de apto/a para acceder ó posto de traballo .
g Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente.
h Provir de situación de desemprego ou mellora de emprego.
Os requisitos citados deberán reunirse con referencia ó derradeiro día do prazo de presentación de instancias, debendo continuar en posesión dos mesmos durante todo o proceso selectivo.

Anuncio publicado en: Num BOP 270 año 2021 24/11/2021
23/11/2021 08:00:00
12:14:36

a.2 Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 24/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date24/11/2021

Page count28

Edition count3288

First edition01/03/2013

Last issue27/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930