Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 268 luns, 22 de novembro de 2021

BOP Lugo
Anuncio Exposición ao público A través do Decreto número 9399/2021 de 2 de novembro aprobouse o padrón correspondente ás taxas pola prestación do servizo de xantar no fogar correspondentes ao mes de outubro de 2021, que se expoñen ao público no Servizo de Servizos Sociais, sito na Ronda da Muralla, 197, durante o prazo de quince días hábiles, contados dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste Edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que ditou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no artigo 63 da Ordenanza fiscal xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e o seu pagamento realizarao por domiciliación bancaria autorizada a persoa solicitante do servizo, por escrito, no momento da concesión.
O período voluntario de pagamento fíxase nun mes dende a aprobación da correspondente taxa: dende o día 15
de novembro ata o día 15 de decembro de 2021 ou inmediato hábil posterior se aquel fose festivo.
Advírtese que, transcorrido o prazo voluntario de ingreso sen efectuar o pagamento das débedas, estas xerarán o 5% da recarga executiva ata o inicio do procedemento de constrinximento, coa recarga, xuros e custas que se puidesen producir a partir dese momento.
Lugo, 3 de novembro de 2021.- A Concelleira Delegada de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores. Olga López Racamonde.

NEGUEIRA DE MUÑIZ
Anuncio Esgotado o prazo de exposicion o publico dos expedientes de credito extraordinario e/ou suplemento de créditos nº1 e nº2 aprobados inicialmente polo Pleno da Corporacion, en sesions ordinarias celebradas en data 8
de xullo de 2021 e 15 de outubro de 2021, respectivamente, financiado mediante superavit-remanente liquido de tesoureria, sen que se presentara reclamacion algunha contra estes acordos no concurso da exposicion publica efectuada no Boletin Oficial da Provincia n 161 de data 16 de xullo de 2021 e nº 244 de data 23 de outubro de 2021, respectivamente, entendense elevados a definitivos, segundo o disposto nos artigos 169.3 e 177.2 do R.D.L. 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais , e artigos 20.1 e 42.1 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril.
En virtude do disposto nos artigos 177.2 en relacion co 171 do R.D.L. 2/2004 e 38.3 en relacion co 23.1 do Real Decreto 500/1990, contra esta aprobacion definitiva podera interponerse directamente recurso contenciosoadministrativo na forma e prazos que establecen as normas de dita xurisdicion.
O que se fai publico para xeral conecemento e efectos.
Negueira de Muñiz, 17 de novembro de 2021.- O Alcalde, José manuel Braña Pereda.
R. 3317

Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data do 05.11.2021, aprobouse o padrón fiscal correspondente ó mes de outubro de 2021 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 300,66 €, e Programa Básico de Axuda no Fogar polo importe de 351,61 €.
Por medio do presente exponse ó público o devandito padrón polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do anunico no BOP, para que poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes.
O que se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio, que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no Regulamento Xeral de Recadación e na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Negueira de Muñiz, 17 de novembro de 2021.- O Alcalde, José Manuel Braña Pereda.
R. 3318

Anuncio publicado en: Num BOP 268 año 2021 22/11/2021
19/11/2021 08:00:00
12:29:09

R. 3316

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/11/2021

Page count16

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930