Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 267 sábado, 20 de novembro de 2021

BOP Lugo
LUGO
Anuncio DECRETO Nº 9946/2021 DO 15/11/2021
Ilma. Sra. DONA MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO, Tta. de Alcaldesa-Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos do Excmo. Concello de Lugo.
Instruído o expediente relativo ao proceso selectivo para o acceso en propiedade a unha praza de Intendente da Policía Local pertencente ó cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda de promoción interna OEP 2018 e tendo en conta os seguintes:
ANTECEDENTES DE FEITO
- A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o día 9 de xuño de 2021, adoptou, entre outros, o acordo 5/355 APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A UNHA PRAZA DE
INTENDENTE DA POLICÍA LOCAL PERTENCENTE AÓ CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE
LUGO, EN QUENDA PROMOCIÓN INTERNA OEP 2018
- Polo Decreto Nº 5188/2021 do 16/06/2021 resolveuse convocar o proceso selectivo para o acceso en propiedade a unha praza de Intendente de Policía Local do cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda promoción interna INCLUIDA NA OEP 2018.
Dito Decreto foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 138 do 19 de xuño de 2021 e, extracto do mesmo, no Diario Oficial de Galicia número 123 do 30 de xuño de 2021.

- A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria celebrada o 30 de xuño de 2021, adoptou, entre outros o seguinte acordo 5/411 DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DO TRIBUNAL CUALIFICADOR DO PROCESO SELECTIVO
PARA O ACCESO EN PROPIEDADE A 1 PRAZA DE INTENDENTE DA POLICÍA LOCAL PERTENCENTE AO CADRO DE
PERSOAL FUNCIONARIO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, QUENDA DE PROMOCIÓN INTERNA OEP 2018
- Con data do 3 de agosto de 2021 rematou o prazo de presentación de solicitudes.
- Polo Decreto Nº 6636/2021 do 05/08/2021 resolveuse aprobar a lista provisional de admitidos e excluídos con indicación do motivo de exclusión no proceso selectivo convocado polo Decreto Nº 5188/2021 do 16/06/2021 para o acceso en propiedade a unha praza de Intendente de Policía Local do cadro de persoal funcionario do Excmo. Concello de Lugo, quenda promoción interna INCLUIDA NA OEP 2018.
Dito Decreto foi publicado no BOP da provincia de Lugo núm. 181 do 9 de agosto de 2021.
- Proposta do Xefe do Servizo de Persoal de data 15 de novembro de 2021.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro.- Segundo o disposto na Base 7.- LISTA DE ADMITIDOS. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS.Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ou a concelleira/o delegada/o, se fose o caso, ditará resolución pola que se declara aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo da exclusión, sinalándose un prazo de 10 días para emendas, de acordo co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas para o caso de que houbese excluídos.
Estas resolución deberán ser publicadas no BOP de Lugo, publicándose os sucesivos anuncios no Taboleiro de Anuncios do Concello.
Segundo.- A Xunta de Goberno Local na sesión ordinaria celebrada o 9 de outubro de 2019 adoptou a acordo 10/628 APROBACIÓN DE INSTRUCIÓN PARA O FUNCIONAMENTO E ACTUACIÓN DOS ÓRGANOS DE SELECCIÓN DO
EXCMO. CONCELLO DE LUGO, figurando no seu ARTIGO 4. NOMEAMENTO E REQUISITOS DE COMPOSICIÓN, punto 3. A composición nominal do Órgano de Selección publicarase xunto coa lista provisional de admitidos e excluídos.
Terceiro.- Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos esixidos nas bases que rexen a convocatoria e tendo en conta que segundo o disposto na base 6.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.Os interesados e interesadas en participar no correspondente proceso selectivo deberán presentar instancia dirixida á Excma. Alcaldesa no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, podendo remitirse na forma establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas coa excepción establecida na súa disposición final sétima.
As solicitudes de participación deberán acompañarse da seguinte documentación:
a.- Copia auténtica do DNI, pasaporte ou documento que substitúa noutros estados membros da Unión Europea.

Anuncio publicado en: Num BOP 267 año 2021 20/11/2021
19/11/2021 08:00:00
14:43:48

O anuncio para prover a praza obxecto desta convocatoria foi publicado no Boletín Oficial do Estado num. 160
do 6 de xullo de 2021.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 20/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date20/11/2021

Page count17

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930