Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 266 venres, 19 de novembro de 2021

BOP Lugo
PRIMEIRO.- Aprobar as bases e convocatoria extraordinaria do proceso de matrícula para clases de grupos na Escola Municipal de Música do Excmo. Concello de Lugo para o curso 2021-2022 que seguidamente se transcriben:
"Asunto: Bases que rexerán o proceso de matriculación para clases de grupos en convocatoria extraordinaria na Escola Municipal de Música do Excmo. Concello de Lugo para o curso 2021/22
Dende a Escola Municipal de Música do Excmo. Concello de Lugo propóñense as seguintes bases de matrícula para o curso 2021-2022.
1. Obxecto da convocatoria:
As presentes bases teñen como obxecto regular o procedemento de admisión de alumnado na Escola Municipal de Música do Excmo. Concello de Lugo en convocatoria extraordinaria para o curso 2021/22 e están adaptadas á situación sanitaria vixente e ás medidas adoitadas polas administracións competentes.
2. Número de prazas ofertadas:
Ofértanse o seguinte número de prazas e carga lectiva semanal de cada unha das materias e especialidades instrumentais que a continuación se indican:
- Grupo de clarinetes 15 prazas - Grupos de saxofóns:
1 Grupo de nivel medio 15 prazas 1 Grupo de nivel avanzado 15 prazas - Grupo de Técnica Básica de Metais Graves 24 prazas 4 Grupos máximo 6 alumnos por grupo
As clases dos grupos instrumentais anteriormente sinalados terán unha duración de 45 minutos semanais.
3. Criterios de adxudicación de prazas:
Establécense por orde os seguintes criterios de adxudicación de prazas:
1 - Alumnado da Escola Municipal de Música matriculado durante o presente curso na mesma especialidade instrumental para a que se solicita.
2 - Alumnas/os que estiveran matriculados en cursos anteriores na Escola Municipal de Música e que non excederan os 6 anos de permanencia no centro.
3 - Alumnado da Escola Municipal de Música que xa excedera os 6 anos de permanencia no centro.
Para a elección de grupo procederase a aplicar o sorteo por letra o cal determinará o orden do apelido a partir do que se adxudicarán as prazas.
4. Forma e prazo de presentación de solicitudes:
As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou en calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no seguintes prazos:
As solicitudes de matrícula deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación no BOP de Lugo.
As persoas interesadas deberán presentar:
a Solicitude en modelo específico debidamente cumprimentado. No caso de alumnado menor de idade, a solicitude deberá ir asinada pola nai, pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal.
b Fotocopia do DNI da persoa interesada maior de idade, ou da nai, pai, ou persoas que ostenten a súa representación legal no caso de menores de idade.
c Certificación bancaria da conta onde se desexe domiciliar o pagamento dos recibos pola utilización do servizo municipal da Escola Municipal de Música onde apareza titular e número de conta.
c Declaración responsable asinada pola persoa interesada ou polo pai/nai/titor no caso de menores de idade, de que realizará a Enquisa de Autoevaluación Clínica do Covid e que se compromete a non asistir ao centro no caso de que teña síntomas compatibles coa Covid-19 ou se manteña en illamento preventivo domiciliario.
5. Resolución:
Valoradas as solicitudes recibidas segundo os criterios establecidos no apartado 4, procederase á publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido, excluído e de agarda, establecéndose un prazo de 5 días
Anuncio publicado en: Num BOP 266 año 2021 19/11/2021
18/11/2021 08:00:00
12:16:39

- Grupo tradicional 15 prazas

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/11/2021

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930