Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 264 mércores, 17 de novembro de 2021

BOP Lugo
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 10/01/2022. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 10 de novembro de 2021.-O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
3272

CARBALLEDO
Anuncio Aprobado inicialmente, en sesión extraordinaria celebrada con data 11 de novembro de 2021 polo Pleno deste Concello, o Orzamento Xeral as Bases de Execución, a Relación de postos de Traballo e a Plantilla de Persoal para o exercicio 2022, exponse ao público polo prazo de quince días, durante o cal os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno, de conformidade co establecido no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e co artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril.
O expediente considererase definitivamente aprobado si durante o citado período non foran presentadas reclamacións ao mesmo.
Carballedo, 12 de novembro de 2021.-O Alcalde, Julio M. Yebra-Pimentel Blanco.
R. 3273

Anuncio Non constando a presentación de reclamacións ao expediente de modificación de crédito do orzamento en vigor, na modalidade de suplemento de crédito 2/2021, aprobado inicialmente en sesión plenaria celebrada con data 30 de setembro de 2021 por importe de 209.300,00€ DOUSCENTOS NOVE MIL TRESCENTOS EUROS, o expediente considérase definitivamente aprobado, e se procede a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia conforme ao disposto no artigo 169.3 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo.

Anuncio publicado en: Num BOP 264 año 2021 17/11/2021
16/11/2021 08:00:00
11:56:53

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/11/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930