Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 262 luns, 15 de novembro de 2021

BOP Lugo
1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/a ao abeiro do "Programa Fomento de Emprego" incluído no Plan Provincial Único de cooperación cos Concellos 2021.
Características do posto:
-Grupo/Subgrupo profesional: C/C2; Escala: Administración Xeral; Subescala: Auxiliar.
-Réxime Xurídico: Funcionarial Funcionario interino do artigo 10.1.c/ "execución de programas de carácter temporal" do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
-Duración do nomeamento: 7 meses e co límite temporal do 31 de outubro de 2022 .
-Xornada: A tempo completo 100%
-Retribucións mensuais: salario Grupo/Subgrupo profesional C2 656,18 €; complemento de destino nivel 16
383,19 €; complemento específico: 133,01 €; parte proporcional de paga extra: 194,40 €.
Todo isto conforme o disposto no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, e demais normas concordantes de aplicación.
As bases íntegras publicaranse no BOP de Lugo, na sede electrónica https burela.sedelectronica.es e no taboleiro de anuncios do Concello e estarán a disposición dos /das interesados no Rexistro Xeral do Concello;
igualmente remitiranse á Deputación Provincial para a súa publicación na páxina web institucional.

-Atención ao público, telefónica e persoal -Elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos.
- Manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade gravación de datos, obtención de listaxes, etc..
- Xestión de correspondencia recepción, distribución e arquivo.
-Tarefas sinxelas e programadas ou estandarizadas da xestión administrativa -Fotocopiado de documentos e tarefas administrativas diversas - Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico 3.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
aTer nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD
Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
b Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo.
c Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
d Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado en educación secundaria, graduado escolar ou técnico auxiliar ou bacharel elemental. No caso de alegar equivalencias de títulos achegarase o certificado ao efecto da Consellería de Educación ou organismo competente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fehacientemente a súa homologación.
e Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
f Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2021 15/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:51:02

2.- FUNCIÓNS DO POSTO.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/11/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930