Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 262 luns, 15 de novembro de 2021

BOP Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA
Recadacion en período voluntario de débedas tributarias de vencemento periódico.
De conformidade co establecido nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, aprobado por Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, comunícase que o prazo de ingreso en período voluntario dos impostos, exercicio de 2021, que se relacionan, empezará a contar o día 15/11/2021 e finalizará o día 17/01/2022, ambos os dous incluidos.
Relación de tributos e concellos:
CONCELLO

PERIODO

TAXAS

O VICEDO

1º-semestre-2021

Taxa auga, lixo e sumidoiros e Canon auga Xunta de Galicia
O SAVIÑAO

2º-semestre-2021

Taxa pola recollida de lixo
SAMOS

2º-semestre-2021

Taxa pola recollida de lixo
O ingreso das débedas realizarase en calquera oficina da Entidade ABANCA, La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A., en días laborables, de luns a venres, de 08:30 a 14:00 h, na que se presentará o documento de ingreso que se envía, por correo, aos domicilios dos contribuíntes. As persoas que non reciban ou extravíen o documento de ingreso, poderán solicitar un novo na oficina da entidade bancaria e realizarán, igualmente, o pagamento. O ingreso poderá realizarse por calquera canle habilitada en horario ampliado caixeiros automáticos, internet, banca electrónica.

O pagamento dos citados tributos poderase domiciliar, para anos sucesivos, en caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras. Para este trámite será necesario cubrir o impreso de domiciliación que acompaña ao documento cobratorio e remitilo ao Servizo de Xestión Tributaria e Recadación, ou ben entregalo en calquera oficina de ABANCA-La Caixa - Caixabank SA, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria S. A. BBVA e Banco Sabadell S.A, cando a domiciliación se refira a unha conta aberta nesta entidade.
Infórmase tamén que, transcurrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas faranse efectivas pola vía de constriximento e serán esixibles as recargas do período executivo e os xuros de mora correspondentes, tal como estipulan os artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, do dezasete de decembro, xeral tributaria e, se é o caso, as custas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon da Auga e do Coeficiente de Vertedura, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuíente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do Coeficiente de Vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
Lugo, 28 de outubro de 2021.- O Presidente, P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez.
R. 3140

CONCELLOS
BARREIROS
Anuncio CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO TECNICO/A DE TURISMO. PERSOAL LABORAL TEMPORAL FOMENTO
DO EMPREGO 2021
Pola Xunta de Goberno Local do 29 de outubro de 2021 aprobanse as bases que rexerán a contratación por concurso-oposición dun posto de técnico/a de Turismo, en réxime laboral temporal no concello de Barreiros ao abeiro do programa de Fomento do Emprego, incluído no Plan Provincial Unico de cooperación cos concellos 2021.
Prazo de presentación de instancias: DEZ DÍAS HABILES a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de 9:30 a 14:30 horas, no Rexistro xeral do concello de BarreirosRua Vila, 63, 27790, San Cosme de Barreiros, tamen poderán presentarse a través da sede electrónica municipal barreiros.sedelectronica.es e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015
segundo o establecido nas bases.

Anuncio publicado en: Num BOP 262 año 2021 15/11/2021
12/11/2021 08:00:00
13:51:02

Tamén pode realizarse o pago na Sede Electrónica da Deputación, Portal do Contribuínte, por delegación do seu Concello, que é o que envía o Padrón para o cobro. Ou mediante xiro postal dende calquera oficina de Correos Sociedad Estatal Correos y Telégrafos.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/11/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Noviembre 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930