Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/11/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 254 venres, 5 de novembro de 2021

BOP Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación R.D. 939/2005, do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 27/12/2021. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 27 de outubro de 2021.-O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 3126

Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de outubro de 2021 aprobóuse o padrón fiscal do servicio de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Carballedo correspondente ó terceiro trimestre do exercicio 2021.
O importe total do padrón ascende a dezanove mil catrocentos oitenta e catro euros e setenta céntimos 19.484,70€, sendo o período voluntario de cobro dende o día 30 de outubro de 2021 ao 30 de decembro de 2021 ámbolos dous inclusive de conformidade co previsto nos arts.12 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 62.3 da Lei xeral tributaria.
O resume do padrón é o seguinte:
CONCEPTO: Taxa polo abastecemento e saneamento de augas.
PERIODO. 3º trimestre 2021.
NÚMERO DE PÁXINAS: 39
NÚMERO DE RECIBOS: 606
PRIMEIRO SUXETO PASIVO: LÓPEZ NAVAL, HERMINIO
ULTIMO SUXEITO PASIVO: COUSO GONZÁLEZ, JOSÉ
IMPORTE TOTAL: Auga 13.981,10€; IVE: 1.398,11€; Canon Xunta Cota fixa: 1.518,09€; Canon Xunta Cota Variable: 2.587,40€, Total importe padrón: 19.484,70€.
Procédese á exposición pública de dito Padrón durante o prazo de quince días a partir da publicación do anuncio de cobro no Boletín Oficial da Provincia, prazo durante o cal dito padrón estará á disposición dos interesados no concello para que poidan examinalo e presentar cantas reclamacións estimen oportunas.
Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interporse recurso de reposición ante o Alcalde-Presidente no prazo dun mes a contar dende o seguinte ó da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade ó previsto no art. 14.2 do Real DecretoLexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.
A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación.

Anuncio publicado en: Num BOP 254 año 2021 05/11/2021
04/11/2021 08:00:00
12:31:41

CARBALLEDO

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/11/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/11/2021

Page count9

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions