Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 032 martes, 9 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Base 5. Entidades solicitantes Poderán solicitar as subvencións neste programa as PYMES e empresarios autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Mondoñedo que desenrrolen unha actividade económica na data de publicación da presente convocatoria e que cumplan simultáneamente os seguintes requisitos:
-

Que desenrrolen unha actividade que non teña a condición de actividade esencial.

- Que, a lo menos durante tres meses, vexan reducido o seu horario de apertura ao público e reducido o seu aforo máximo.
Non poderán ter a condición de beneficiarios quenes houberan cesado a actividade durante o período subvencionable, salvo que o cese da actividade fora imposto pola normativa vixente.
Base 6. Requisitos e obrigas das entidades solicitantes 6.1. Estaren ao corrente das súas obrigas coa Facenda pública, co Concello de Mondoñedo e coa Tesourería da Seguridade Social.
6.2. Non estaren incursas nas causas de incompatibilidade ou de incapacidade para seren beneficiarias ou percibiren as subvencións da administración pública dispostas no artigo 13 da LXS.
6.3. Teren aprobadas as liquidacións ou contas do último exercicio vencido legalmente esixibles.
6.4. Someterse aos procedementos de control que poidan realizar a Intervención; o Consello de Contas de Galicia, o Tribunal de Contas ou calquera outro órgano de control interno ou externo, nacional ou europeo.
6.5. Manter a prestación da actividade e, no seu caso, o centro de traballo, a lo menos, durante a totalidade do ano 2021.

Base 7. Solicitude 7.1. Prazo e presentación de solicitudes:
As solicitudes axustaranse ao formulario previsto no ANEXO da convocatoria e presentaranse de xeito telemático na sede electrónica do Concello de Mondoñedo. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.
Non obstante, os autónomos que non exerzan funcións colexiadas poderán presentar a súa solicitude físicamente ante a oficina de asistencia en materia de rexistro.
Os prazos de presentación de solicitudes rematará o día 28 de febreiro de 2021.
7.2. Documentación das solicitudes:
A solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:

Documento acreditativo da representación do solicitante, para o caso das persoas xurídicas ou no suposto de que as persoas físicas actúen a través de representación.

Copia do NIF ou CIF, así coma da declaración de alta do imposto de actividades económicas.

Certificación dos datos bancarios da entidade, mediante documento expedido e sellado pola entidade financieira correspondente.

Xustificación do gasto, consistente en copia das facturas das obras, suministracións ou arrendamentos vencellados ao cumprimento das medidas preventivas fronte ao COVID-19.
No caso de que a documentación fose incorrecta ou insuficiente, daráselle un prazo de 10 días para a súa emenda.
Pasado este prazo sen que a entidade interesada atenda o requirimento, entenderase que desiste do seu pedimento.
Base 8. Resolución 8.1. Valoración das solicitudes:
A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase en fución dos seguintes criterios:
- Serán admitidas tódalas solicitudes cursadas por entidades con personalidade xurídica ou persoas físicas con domicilio fiscal no termo municipal de Mondoñedo, e que dispoñan dun centro productivo no termo municipal que, por mor da crise sanitaria COVID-19 e se atopen prestando a súa actividade económica con regularidade na data da convocatoria.

Anuncio publicado en: Num BOP 32 año 2021 09/02/2021
08/02/2021 08:00:00
12:15:23

Como resultado dos ditos procedementos poderáselles esixir responsabilidade administrativa, consonte co disposto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, e, no seu caso, responsabilidade penal, de conformidade co Código penal.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/02/2021

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28