Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 032 martes, 9 de febreiro de 2021

BOP Lugo
O Concello de Mondoñedo, no marco das súas capacidades económicas e competencias e á vista da situación de excepcionalidade económica e social que estamos a vivir como consecuencia da restricción de actividades comerciais ou do seu condicionamento á adopción de custosas medidas preventivas, considera imprescindible aprobar unha línea de axudas dirixidas a PYMES e autónomos para contribuir ao financiamento de certos gastos extraordinarios que seguen a afrontar os empresarios para o exercizo do dereito fundamental de liberdade de empresa.
A tal fin, autorízase crédito con cargo á partida orzamentaria 430.480 por importe de 21.756,08 euros ampliables a 30.000 euros para atender á totalidade das solicitudes presentadas que reúnan os requisitos regulados nas presentes bases.
Base 2. Réxime xurídico A relación xurdida da presente acción de fomento regúlase na seguinte normativa:
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.
Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

3.1. Servizos, programas e actividades subvencionables Serán obxecto desta convocatoria os gastos correntes ou de investimentos que deban a afrontar as PYMES e autónomos para evitar o peche da actividade ou do seu centro de traballo ubicado no termo municipal de Mondoñedo como consecuencia do cumprimento das medidas preventivas establecidas pola lexislación vixente en materia do COVID-19.
Concretamente, serán subvencionables os suministros de hidroxeles ou desinfectantes, así coma a adquisición ou arrendamento de manparas e demáis investimentos obras ou suministros vencellados ao distanciamento social realizados entre o día 15 de marzo de 2020 e o día 15 de xaneiro de 2021.
Non serán subvencionables a instalación de carpas ou toldos.
3.2. Determinación do importe da subvención O importe da subvención acadará até o 80% da base impoñible do investimento acreditado, sen que a subvención poida exceder de 3000 euros por beneficiario.
O crédito orzamentario distribuirase con arranxo aos seguintes criterios:
- En primeiro lugar, se subvencionarán os gastos relativos a investimentos obras realizados nos locales para garantir o distanciamento social.
- En segundo lugar, se subvencionará a adquisición de hidroxeles, cun importe máximo subvencionable de 300
euros por beneficiario. Non obstante, dita contía elevarase a 500 euros para as actividades que tiveron que pechar como consecuencia das medidas adoptadas na orde publicada no DOG do 26 de xaneiro de 2021.
- A contía restante distribuirase a prorrata entre os restantes custes subvencionables debidamente xustificados polos beneficiarios até acadar o límite de 3000 euros por beneficiario.
3.3. Ámbito temporal As obras, suministracións ou arrendamentos que se subvencionen conforme á convocatoria serán as que se realicen no período comprendido entre o 15 de marzo de 2020 e o 1 de febreiro de 2021.
Base 4. Compatibilidades e exclusións A participación neste programa é compatible coa obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Anuncio publicado en: Num BOP 32 año 2021 09/02/2021
08/02/2021 08:00:00
12:15:23

Base 3. Obxecto

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/02/2021

Page count11

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28