Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 017 venres, 22 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
Cursos, xornadas, masters. Deberá presentarse copia compulsada do documento que acredite a realización da actividade formativa, si é de asistencia, aproveitamento ou impartición, número de horas de duración e a data de realización.

En todo caso os/as interesados/as responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten, reservándose este Concello a facultade de exercer as medidas de esixencia de responsabilidade oportunas no caso de falsidade na documentación achegada.
O prazo para a presentación de instancias, no rexistro xeral do concello, ou por calquera dos procedementos previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de 2015, será de cinco 5 DÍAS NATURAIS contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día fose inhábil o prazo rematará ao seguinte día hábil. No caso de que se remita a documentación por correo postal ou mediante presentación no rexistro doutra Administración que careza de Sistema de Intercambio de Rexistros SIR
deberá facelo constar mediante a remisión de fax ao Concello de Friol Fax: 982-.375206 ou comunicación por email info@concellodefriol.es, da instancia presentada conforme ao modelo do Anexo I das bases, co selo ou rexistro correspondente, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
6.- Publicidade.- as bases do proceso selectivo, así como o anuncio da convocatoria, publicaranse integramente no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicaranse anuncio de convocatoria e igualmente facilitarase copia das mesmas na Oficina do Rexistro Xeral do Concello.
Os resultados das probas, convocatorias de exames, citacións e emprazamentos ás persoas aspirantes, así coma calquera actuación do tribunal cualificador levaranse a cabo unicamente a través do taboleiro de anuncios do concello, medio exclusivo de notificación aos interesados de conformidade co previsto no art. 45.1.b da lei 39/2015 de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. publicarse no taboleiro da sede electrónica do concello https friol.sedelectronica.gal/.

Publicarase no Taboleiro de Anuncios do Concello e na sede electrónica https friol.sedelectronica.gal/. Na devandita resolución concederase un prazo de 3 días naturais para que os/as interesados/as que o consideren oportuno proceda a subsanar as deficiencias ou presentar as alegacións que estimen oportunas contra a lista provisional de admitidos/as. No caso de que no devandito prazo non se presentasen reclamacións contra a lista provisional, ou non houbera ningún aspirante excluído/a, entenderase como definitiva.
No caso de que se presentasen alegacións ou subsanacións contra a resolución de aprobación da lista provisional, procederase á resolución das reclamacións presentadas. Resoltas as reclamacións presentadas, o Sr. Alcalde, aprobará a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as, designará tribunal e sinalará o lugar, data e hora para a realización das probas que integran o proceso selectivo, resolución que se publicará nos taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Friol friol.sedelectronica.gal, publicación que deberá realizarse cunha antelación mínima de cinco días naturais á iniciación das probas.
8.-Tribunal cualificador.- consonte ao disposto nos art. 60 e 61 do Rel Decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público, así como demais normativa de aplicación, o tribunal terá unha composición mínima de cinco membros e contará cos membros que a continuación se relacionan, designándose tamén suplentes:

Presidente: funcionario ou laboral fixo pertencente ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada.

Secretario/a: funcionario pertencente á escala de funcionarios de administración local con habilitación nacional.

Tres funcionarios de carreira ou persoal laboral fixo pertencentes ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ou esixido para o acceso á praza convocada.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte do mesmo, cando concorran as circunstancias previstas no art. 23 da lei 40/2015, poñendo en coñecemento da autoridade convocante, ou cando tiveran realizado tarefas de preparación a probas selectivas semellantes á convocada nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria. Os/as aspirantes, poderán recusar aos membros do Tribunal de acordo co art. 24 da devandita lei.
Os membros do tribunal, así como asesores ou colaboradores terán dereito, pola súa concurrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias, gastos de desprazamento e de manutención, de conformidade co previsto no R.d.
432/2002 de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións vixentes.
9.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.O proceso de selección será o de concurso-oposición, ademais de celebración da proba de Galego, para os/as que non poidan acreditar o seu coñecemento mediante título homologado, conforme ao disposto nas presentes bases e á normativa de aplicación.

Anuncio publicado en: Num BOP 17 año 2021 22/01/2021
21/01/2021 08:00:00
10:51:48

7.- Admisión de aspirantes.- unha vez que remate o prazo de presentación de instancias a Alcaldía ditará Resolución no prazo máximo dun mes, contendo a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as con expresión dos motivos da exclusión, designación do tribunal cualificador, así como lugar e data da realización da primeira proba.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/01/2021

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31