Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 017 venres, 22 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
f Non atoparse separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas e dos órganos constitucionais ou estatutarios das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións semellantes ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
g Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, sen que se padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatibles coas funcións do posto. A condición de discapacitado/a e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. As persoas aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.
No caso de ser seleccionado/a para o posto, acreditarase mediante declaración formal baixo xuramento ou promesa. No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado, ou situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
Os requisitos anteriormente establecidos deberán reunirse polos/as aspirantes no momento da finalización do prazo de presentación de solicitudes, debendo manterse as mesmas durante todo o proceso selectivo.
5.- Presentación de solicitudes.- as persoas interesadas poderán participar no proceso selectivo presentando no prazo e lugares sinalados solicitude de participación mediante instancia que se recolle no Anexo I destas Bases, dirixida ao Sr. Alcalde-Presidente. Os erros de feitos que se puideran advertir, poderán rectificarse en calquera momento, de oficio ou a petición da persoa interesada, de conformidade co establecido no art. 109 da lei 39/2015
de 1 de outubro.

a Copia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade da persoa aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.
b Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, no suposto de que a persoa aspirante solicite a adaptación de probas na solicitude de participación. Ante a petición efectuada o Tribunal resolverá a conveniencia ou non de admitir a adaptación, tendo en conta o sinalado na Orde 1822/2006, de 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para acceso ao emprego público de persoas con discapacidade e proba a realizar c Copia compulsada da titulación académica esixida, ou no seu defecto, certificación académica dos estudios realizados a que necesariamente acreditará o pagamento dos dereitos de expedición da correspondente titulación.
d Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido. No suposto de carecer da mesma, a persoa aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego regulada nas presentes bases.
e Documentación acreditativa dos méritos presentados para fase de concurso. A non presentación da acreditación dos méritos tal e como se sinala nas presentes bases, así como a súa acreditación dun xeito insuficiente, a xuízo do Tribunal, ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será emendable, polo que non serán valorados polo tribunal.
Xeito de acreditación de méritos:
a Experiencia laboral.-para puntuar experiencia laboral deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Os servizos prestados nas Administracións Públicas e organismos dependentes, acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente na que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, así como tempo de prestación do servizo. En ausencia da devandita certificación poderá acreditarse mediante contratos, tomas de posesión ou/e nóminas.

Os servizos prestados en Entidades privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no Servizo Público de Emprego Estatal.

Se os servizos se prestaron neste Concello, farase constar na solicitude co obxecto de emitir certificación acreditativa dos servizos. A devandita certificación adxuntarase pola Entidade á solicitude da persoa aspirante, facéndolle chegar copia da mesma.

b Acreditación da/s titulación/s académica/s.-deberá presentarse copia compulsada do título académico ou da acreditación do pagamento das taxas ao obxecto da súa expedición.
c Acreditación da Formación:

Anuncio publicado en: Num BOP 17 año 2021 22/01/2021
21/01/2021 08:00:00
10:51:48

Xunto coa solicitude débense achegar copias compulsadas dos documentos xustificativos de cumprir os requisitos de participación que se detallan a continuación:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/01/2021

Page count26

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31