Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 216 sábado, 19 de setembro de 2020

BOP Lugo
A PASTORIZA
Anuncio Por Decreto da alcaldía de data 15 de setembro de 2020 aprobáronse os padróns das taxas polo abastecemento de auga e por recollida de lixo e canon de saneamento do 1º trimestre do exercicio 2020.
Durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións.
Contra o acordo de aprobación dos referidos padróns e as liquidacións incorporadas a eles poderase interpor recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición A falla de pagamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura no periodo voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuinte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do coeficiente de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
anuncio de cobranza De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 01/10/2020 e o 01/12/2020 ámbolos dous inclusive.

Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan.
A presente publicación, ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos.
A Pastoriza, 15 de setembro de 2020.- O alcalde, Primitivo Iglesias Sierra.
R. 2141

RÁBADE
Anuncio En cumprimento do establecido no artigo 26 do Regulamento de Desenvolvemento da Lei 18/2001, de 12 de decembro, de Estabilidade Orzamentaria, aprobado por Real Decreto 1463/2007, de 2 de novembro, faise pública a aprobación dun Plan económico-financeiro polo Pleno desta Corporación en sesión de data 14/09/2020, con vixencia para os exercizos 2020/2021 e motivado polo incumprimento da regla de gasto con ocasión da aprobación da liquidación do orzamento do exercizo 2019, o cal estará a disposición dos interesados nas oficinas do Concello.
Rábade, 15 de setembro de 2020.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes.
R. 2142

Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 8 de setembro de 2020 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de agosto de 2020, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria.

Anuncio publicado en: Num BOP 216 año 2020 19/09/2020
18/09/2020 08:00:00
13:37:31

Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 01/10/2020. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 19/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date19/09/2020

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930