Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 215 venres, 18 de setembro de 2020

BOP Lugo
requisitos por parte dun dos dous participantes da solicitude de participación conxunta non invalidará a admisión daquel que sí os cumpra, debendo adaptarse as circunstancias derivadas desa situación, de xeito que non implique deterioro na imaxe e desenvolvemento da mostra. Neste sentido o centrAD poderá ditar as instrucións precisas para o mellor desenvolvemento e execución da mostra.
-Os artesáns/artesás asegurarán nas súas casetas as necesarias condicións de limpeza, hixiene e atención ao cliente, durante os días da feira.
-Os traballos de descarga de mercancía, montaxe e acondicionamento de cada posto levaránse a cabo o 2 de outubro en horario de 8:00h a 17:00h. A retirada e desmontaxe dos postos levaráse a cabo entre as 20:00h e 24:00h. do 12 de outubro.
-O expositor/a comprométese a manter aberta a caseta no horario fixado para a feira e ter polo menos unha persoa ó fronte do mesmo, que será o artesán ou persoa que o represente.
- No contexto da actual crise sanitaria da COVID-19, o expositor/a comprométese a cumprir co protocolo sanitario vixente durante a celebración da mostra, velando pola súa propia seguridade e a do público en xeral que visite o seu espazo.
- O expositor comprométese a non ceder ou transferir en ningún caso a terceiros, os dereitos de participación concedidos pola organización.
- O artesán expositor non poderá expoñer baixo ningún concepto artigos que non sexan da súa autoría, ou produtos de revenda.

- A Deputación de Lugo resérvase o dereito de instar á retirada inmediata no transcurso da mostra de aqueles produtos que non cumpran os requisitos recollidos nas Bases, ou daquela oferta expositiva que por razón acreditada puidera suponer daño ou prexuízo para o contido ou mensaxe da mostra da propia Deputación de Lugo.
- De acordo coa lexislación vixente en materia entre homes e mulleres e de protección conta a violencia de xénero, queda expresamente prohibida a exposición de produtos ou actividades que inclúan tácita ou implícitamente contidous ou publicidade sexista ou que se poida considerar discriminatoria, vexatoria ou que xustifiquen, banalicen ou inciten á desigualdade de xéneros ou a violencia de xénero.
-Na consideración do deber da Administración Pública de promoción do uso da lingua galega, a lingua de uso da mostra será o idioma galego.
-A Mostra estará cuberta pola póliza de seguro de responsabilidade civil da Deputación de Lugo. De igual xeito, as persoas adxudicatarias deberán ter subscrita tamén unha póliza de responsabilidade civil para a actividade que desenvolvan.
- A Deputación de Lugo non se fai responsable das perdas, danos ou furtos de materiais ou produtos durante o transcurso da mostra así como de calquera dano persoal ou mateiral a terceiros, incluídos os danos producidos por catástrofes de calquera tipo.
- Os artesáns/ás acceden a que a Deputación de Lugo fotografe, debuxe ou filme as instalacións, así como os servizos e /ou artigos expostos e a utilizar estas reproducións nas súas publicacións, na páxina web e nos medios de comunicación. A persoa ou entidade que expón te dereito a fotografar o seu posto e os seus propios produtos, durante as horas de celebración da Mostra.
-Non se permitirá máis música ambiental que a seleccionada pola organización de ARTESANFROILÁN 2020.
-Se debido a calquera circunstancia derivada da crise de pandemia da COVID-19, ou calquera outra circunstancia de forza maior, a Deputación de Lugo se vira obrigada a desconvocar ou suspender a celebración da mostra, esta desconvocatoria e/ou suspensión non implicará indemnizacións de ningunha natureza para os /as expositores/as admitidos/as.
A presentación da solicitude de participación nesta mostra ARTESANFROILÁN 2020 implica a aceptación total das presentes bases.
Ante calquera aspecto non recollido nestas bases no relativo ao proceso de valoración e admisión de solicitudes, o centrAD da Deputación de Lugo, a proposta da Comisión de selección, resolverá segundo se considere o mais axeitado para o mellor desenvolvemento do evento.
QUINTA: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As persoas interesadas en participar na mostra ARTESANFROILÁN 2020 deberán presentar a súa solicitude según modelo normalizado Anexo I, xunto coa documentación restante requerida no punto 5º das bases, por vía telemática a través da Sede Electrónica da Deputación http www.sede.deputacionlugo.gal
Anuncio publicado en: Num BOP 215 año 2020 18/09/2020
17/09/2020 08:00:00
14:11:21

- O centrAD será o encargado de definir a organización e colocación dos postos de acordo coas solicitudes presentadas, na perspectiva da correcta imaxe e execución da mostra e da óptima presentación da oferta artesanal que se promove, así como procurarase unha rotación dos/as artesáns seleccionados en relación con anos anteriores.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/09/2020

Page count19

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930