Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 213 mércores, 16 de setembro de 2020

-

Taxa pola instalación de quioscos na vía pública
-

Taxa postos feira
-

Taxa pola utilización do dominio local no mercado ou praza de abastos
BOP Lugo
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Lei xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 13 da Ordenanza Xeral dos Ingresos Municipais de Dereito Público, fíxase como prazo de pago en período voluntario, dende o día 21.09.2020 ata o 23.11.2020.
De acordo co artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, ponse en coñecemento, que no período de pago en voluntario sinalado no parágrafo anterior, os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos polos conceptos sinalados, poderán facer o pago dos mesmos mediante :
1 Ingreso en efectivo en calquera oficina de A Banca ou Banco Sabadell en horario de atención ao público 2 A través de caixeiros automáticos nas devanditas entidades financeiras
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.
Monforte de Lemos, 8 de setembro de 2020.- O alcaldepresidente, José Tomé Roca.
R. 2105

A PONTENOVA
Anuncio LISTAXE DE CONTRIBUÍNTES POR APLICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF DE AGOSTO 2020.
Por Resolución de alcaldía de data once de setembro de 2020, resólvese prestar aprobación da devandita listaxe que estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas; durante o prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes,entendéndose defintivamente aprobada se transcurrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra ésta.
Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior o contencioso-administrativo, perante a alcaldía no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe.Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle:
APrazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar : dende o 12 de outubro de 2020 ao 14 de de decembro de 2020, ámbolos dous inclusive.
B Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-41-3110000025
que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova.
Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento.
Decreta, manda e asina o señor alcalde, na Pontenova a 11 de setembro de dous mil vinte.

Anuncio publicado en: Num BOP 213 año 2020 16/09/2020
15/09/2020 08:00:00
11:15:48

3 A través da páxina web do Concello www.monfortedelemos.es

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/09/2020

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Septiembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930