Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 206 martes, 8 de setembro de 2020

BOP Lugo
A convocatoria para a concesións das subvencións previstas nas presentes bases, segundo o disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro xeral de subvencións se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS artigo 17.3b, 18 e 20.8
- O prazo para presentar as solicitudes será de QUINCE DIAS NATURAIS, contado dende o seguinte ao da publicación oficial do extracto da covocatoria, na forma e nos termos previstos na Lei Xeral de Subvencións artigo 17.3.b 18 e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS. Asimesmo publicaranse as Bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do Excmo. Concello de Lugo e na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.gal, debendo inserirse no Portal de Transparencia e Bo Goberno do Concello de Lugo.
Artigo 5. Documentación para achegar coas solicitudes de subvención As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación;
a Asociacións inscritas no Rexistro municipal de asociacións - Solicitude, segundo o modelo do ANEXO I, no que se inclue o compromiso de destinar a subvención que se conceda á execución do proxecto ou actividade solicitada, e a autorización ao Concello para comprobar das diferentes Admóns datos tributarios e outras informacións declaradas.
- Fotocopia do NIF da persoa que actúa como representante, así como documento acreditativo desta representación.
- Declaración responsable, segundo modelo que figura no ANEXO IV destas bases, acreditativa:
1. Das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas pola entidade solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras, para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención.

3. De que a entidade está ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias fronte á: Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Tesourería Territorial da Seguridade Social e ao Concello de Lugo, respectivamente.
4. De que a entidade non se encontra inhabilitada nin está incursa en ningunha das causas de prohibición sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións para obter a condición de beneficiaria da subvención.
5. De que o persoal que desenvolve as súas funcións nesta entidade non ten relación laboral ningunha co Concello de Lugo.
6. De que a entidade lle ten comunicado ao Servizo de Participación Cidadá o orzamento, programa de actividades e número de socios correspondentes ao ano 2020.
- No caso de subvencións solicitadas para o desenvolvemento de proxecto, actividade ou programa, deberán presentar unha memoria explicativa, cunha relación de gastos e ingresos, obxectivos,interese xeral, etc.
segundo o ANEXO II, que poderá vir acompañado do proxecto que se estime máis conveniente co fin de acadar unha mellor avaliación.
- No caso de subvencións solicitadas para financiar gastos de mantemento, conservación e pequenas reparacións de infraestruturas da asociación ou entidade, deberase xuntar unha memoria, segundo o ANEXO III, no que se indicará o equipamento do local, réxime de posesión ou uso, descrición do gasto e xustificación da súa necesidade, etc.
- Certificación bancaria na que figure o número de conta da entidade solicitante.
- Certificación da secretaría da entidade, na que conste a existencia ou departamento de muller e igualdade, se fose o caso.
- Acordos ou actas da entidade acreditativas do funcionamento das vogalías ou departamentos específicos de muller.
- Calquera outro documento que se considere de interese para acadar unha mellor avaliación da solicitude.
Artigo 6. Procedemento de tramitación e resolución das subvencións O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 26, 27, 28 e 29 da Ordenanza municipal de subvencións; nos artigos 20, 21, 22, 23 e 24 da Lei 9/2007, do 13
de xuño, de subvencións de Galicia, concordantes cos artigos 23,24,25 e 26 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións coas seguintes precisións:
As solicitudes de subvencións que se formulen de acordo con estas bases, unha vez anotadas no Rexistro xeral de entrada, seranlles remitidas ao Departamento de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.

Anuncio publicado en: Num BOP 206 año 2020 08/09/2020
07/09/2020 08:00:00
13:00:00

2. De que a actividade, proxecto, obxectivo, ou programa para o que se solicita a subvención se vai efectuar nos termos establecidos no proxecto da actividade ou programa que se presenta.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/09/2020

Page count29

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions