Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/09/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 204 sábado, 5 de setembro de 2020

BOP Lugo
Así mesmo, o artigo 104.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local LRBRL
determina en relación con este tipo de persoal: O nomeamento e cese destes funcionarios é libre e corresponde ao Alcalde ou ao Presidente da Entidade Local correspondente. Cesan automáticamente, en todo caso, cando se produza o cese ou expire o mandato da autoridade á que presten a súa función de confianza ou asesoramento.
Polo anteriormente exposto, procede que pola Presidencia da Deputación, en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 24 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVA:
Que D. Héctor Moris Fernández, cese no desempeño das súas funcións como Administrativo de Apoio do Cadro de Persoal Eventual e deixe de prestar servizos a esta Deputación Provincial, con efectividade do día 31 de agosto de 2020, derradeiro día no que presta servizos efectivos con base no nomeamento sinalado.
Polo anteriormente exposto e, en uso das facultades que lle confire a esta Presidencia o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO:
Prestar aprobación á proposta anteriormente transcrita en todas as súas partes.
O que se fai público para os oportunos efectos.
O PRESIDENTE, José Tomé Roca. O SECRETARIO EN FUNCIÓNS, José Antonio Mourelle Cillero.
R. 1999

CONCELLOS
BURELA
Anuncio Aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 26 de agosto de 2020, o Padrón por liquidación das taxas do servizo de abastecemento domiciliario de augas, sumidoiros e recollida de lixo, así como o canón de auga da Xunta de Galicia, correspondente ao Terceiro Bimestre do exercicio 2020, procédese a apertura do período de información pública por prazo de vinte días hábiles a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido nas oficinas do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario por período de dous meses a computar dende o día seguinte á presente publicación no BOP de Lugo.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende a finalización do período de exposición pública deste padrón fiscal no Boletín Oficial da Provincia.
Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan.
A falta de pagamento do Canon de Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación economico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación.
O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 apartado 3 da Lei 58/ 2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e 23 e 24 do R.D. 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
Burela, 26 de agosto de 2020.- O alcalde, Alfredo Llano García.
R. 2000

Anuncio EXPEDIENTES 637/2020 E 638/2020. EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA S.A.F. ABRIL 2020.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 10 de xuño de 2020 acorda a aprobación inicial do Padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar correspondente ao mes de abril de 2020 a través da Lei de Dependencia e Programa Básico de Axuda no Fogar por importe de 4.497,04 €, correspondendo 474,00 € a libre concorrencia e 4.023,04 € a dependencia. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral
Anuncio publicado en: Num BOP 204 año 2020 05/09/2020
04/09/2020 08:00:00
12:41:34

Expediente: 1246/2020

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 05/09/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date05/09/2020

Page count15

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions