Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 054 luns, 8 de marzo de 2021

BOP Lugo
no ámbito estatal español polo Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, sobre normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, desenvolvido, á súa vez, polo Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, que establece requisitos técnicos para os colectores e instalacións de tratamento e para os vertidos que chegan a eles.
Pola súa parte, o actual texto refundido da Lei de augas, Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, establece entre os seus obxectivos prioritarios protexer e mellorar o medio acuático establecendo medidas específicas para reducir progresivamente os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias, así como eliminar ou suprimir de forma gradual os vertidos, as emisións e as perdas de substancias prioritarias art. 92, c, e regula detalladamente os vertidos que se poden realizar sobre o medio acuático, ben para prohibilos ou ben para sometelos a limitacións e controis. En particular, o seu artigo 100 establece a prohibición de realizar vertidos directos ou indirectos de augas e de produtos residuais susceptibles de contaminar as augas continentais ou calquera outro elemento do dominio público hidráulico, agás que se conte coa autorización administrativa previa.
En desenvolvemento do citado texto refundido da Lei de augas, o Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, concretou algunha das normativas aplicables ás estacións depuradoras e ás súas redes de colectores. Isto puxo de manifesto a necesidade de actualizar e unificar as normativas existentes, non só no que se refire ás limitacións que lles cómpre impor aos vertidos ás redes de saneamento, senón tamén no establecemento dun conxunto de condicións técnicas ás actividades que son susceptibles de realizar vertidos de augas residuais á rede de saneamento de exclusiva titularidade municipal. Así, nas autorizacións de vertido a dominio público hidráulico que soliciten comunidades autónomas e entidades locais, esíxese a achega de plans de saneamento e control de vertidos a colectores, con específica atención á progresiva redución de vertidos de substancias perigosas e o seu control.

No ámbito da nosa comunidade autónoma, o artigo 32 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, declara de interese da Comunidade Autónoma de Galicia o servizo de depuración de augas residuais e, no seu artigo 27, resérvalle á competencia municipal o tratamento das augas residuais e a prestación do servizo de rede de saneamento, incluíndo o control dos vertidos a esas redes no marco da normativa de aplicación. O
desenvolvemento regulamentario desta norma ten lugar polo Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia, que complementa así a normativa estatal básica en materia de depuración de augas residuais urbanas.
Así, no marco das atribucións ás entidades locais sinaladas, consonte aos prazos que sinala a disposición transitoria primeira do regulamento marco dous anos dende a súa entrada en vigor para adaptar as normativas locais, transcorrido o cal será de aplicación directa, e baseándose nas competencias recoñecidas aos municipios en materia de rede de saneamento e tratamento de augas residuais na Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, e na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, elabórase esta Ordenanza do servizo de saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Becerreá.
Regúlanse nesta Ordenanza as normas que regulan a xestión e o uso da rede de saneamento de titularidade municipal, así como todas as competencias e actuacións que lle corresponden ao Servizo Municipal de Saneamento de Augas Residuais. Máis concretamente, esta Ordenanza regula as condicións para a autorización dos vertidos ás redes de saneamento públicas municipais, establecendo limitacións ao vertido, de xeito que non se lles causen efectos prexudiciais ás infraestruturas que conforman a propia rede e á estación depuradora, non se produzan riscos para o persoal que explota e mantén o sistema de saneamento, se favoreza o mantemento da rede e non se alteren os procesos de depuración das augas residuais.
Esta Ordenanza consta de 34 artigos, unha disposición transitoria, unha derrogatoria, dúas derradeiras e cinco anexos. En xeral, a Ordenanza especifica e dá cumprimento ao regulamento marco autonómico, remitíndose a este en todo aquelo que se entendeu que non necesitaba dunha especial regulación, e regulando especialmente aquelo que se entendeu que responde ás peculiaridades propias.
Así, destaca a obrigatoriedade da conexión á rede municipal para todos os usuarios que realicen vertidos cando se atopen a menos de 100 metros desta o regulamento marco permite a fixación desta distancia, sinalando que, de non se establecer, se aplicaría subsidiariamente a de 50 metros, detallándose expresamente as excepcións que permiten o uso de sistemas autónomos fosas sépticas ou similares e sempre baixo supervisión municipal.
Clasifícanse os distintos tipos de usuarios en atención á actividade que xeran e en atención ás augas residuais que producen, clasificación que interesa para os efectos de obter o correspondente permiso de vertido e, en consecuencia, os límites cuantitativos e cualitativos que lles serán esixidos aos seus efluentes.
En canto a estes límites e prohibicións, establecense dous valores límite: o valor medio diario máximo VMDM e o valor instantáneo máximo VIM, de forma que a Ordenanza concreta e adapta os anexos do regulamento autonómico ás peculiaridades da rede municipal e da súa instalación de tratamento, tomando como referencia, ademais, documentos elaborados noutras cidades similares, así como recomendacións técnicas de entidades como a FEMP, a AES ou o INSHT.

Anuncio publicado en: Num BOP 54 año 2021 08/03/2021
05/03/2021 08:00:00
09:49:42

Á súa vez, a Lei 62/2003, do 30 de decembro, no seu artigo 129, incorpora ao dereito español a Directiva 2000/60/CE, cuxo prazo de trasposición remataba o 22 de decembro de 2003.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/03/2021

Page count47

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions