Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 4 DE MARZO DE 2021

N.º 051

CONCELLOS
CERVO
Anuncio CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELO DE CERVO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE
AXUDA NO FOGAR.
De conformidade co decreto de Alcaldía número 2021-0147 de data 26 de febreiro de 2021, faise pública a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Cervo para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar.
A convocatoria e as bases aprobadas están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e na súa páxina web www.concellodecervo.com O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

R. 0511

FOLGOSO DO COUREL
Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 26 de febreiro de 2021 aprobáronse as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar.
Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Folgoso do Courel no prazo de cinco días hábiles a contar a partir da publicación deste anuncio no BOP.
As bases completas publicaranse no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Folgoso do Courel https folgosodocourel.sedelectronica.es.
Folgoso do Courel, 26 de febreiro de 2021.-A alcaldesa, Dolores Castro Ochoa.
R. 0514

LÁNCARA
Anuncio Información pública Por xunta de goberno local de 24 de febreiro de 2021, aprobouse o padrón de suministro de auga e IVE s/seu consumo, recollida de lixo, sumidoiros, aluguer de contador e canon autonómico de auga correspondente ao 3º trimestre 2020.
O importe total do padrón ascende a 79.034,24 €, sendo o período voluntario de cobro dende o 24 de febreiro de 2021 ó 24 de abril de 2021, de conformidade co previsto nos arts. 12 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 62.3 da Lei Xeral Tributaría.
O que se expón ao público na Casa do Concello, durante o prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte, tamén hábil, da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante ó órgano que dictou o acto no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do prazo de exposición ó público do padrón. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Anuncio publicado en: Num BOP 51 año 2021 04/03/2021
03/03/2021 08:00:00
13:37:04

Cervo, 26 de febreiro de 2021.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 04/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date04/03/2021

Page count6

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions