Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

XOVES, 31 DE MARZO DE 2021

N.º 073

CONDELLOS
CASTROVERDE
Anuncio Aprobadas pola Xunta de Goberno Local na sesión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2021, as bases específicas para a concesión de subvencións para realización de obras e actividades culturais e deportivas por parte de comunidades, agrupacións ou asociacións do Concello de Castroverde, faise público que o prazo de presentación de solicitudes será de corenta días naturais seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Igualmente, faise público que a documentación atópase a disposición dos interesados nestas oficinas municipais e na páxina web do Concello.
Castroverde,25 de marzo de 2021.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández.

A PASTORIZA
Anuncio Aprobada inicialmente a desafectación das antigas escolas unitarias de Rigueira, Álvare, Baltar, Bretoña, Corvelle, Crecente, Fonmiñá, Pousada, Reigosa, Piñeiro, Saldanxe, Piñeiro, Úbeda e Vián, en sesión ordinaria celebrada polo Concello Pleno de data 18 de marzo de 2021, de conformidade co artigo 8 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese a información pública polo prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello da Pastoriza.
Durante devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello http apastoriza.sedelectronica.gal.
A Pastoriza, 23 de marzo de 2021.- O ALCALDE PRESIDENTE, Primitivo Iglesias Sierra.
R. 0798

Anuncio APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2021
Aprobado inicialmente, polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de marzo de 2021, o Proxecto de Orzamento Xeral, as bases de execución, o anexo de inversións e cadros de financiamento e o cadro de persoal para o exercicio 2021, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5
de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría do Concello, polo prazo de 15 días hábiles, que se contarán dende o seguinte ao da inserción do presente edicto no B.O.P., co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións e suxestións que se consideren pertinentes.
De conformidade co acordo adoptado, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentan reclamacións.

Anuncio publicado en: Num BOP 73 año 2021 31/03/2021
30/03/2021 08:00:00
13:27:20

R. 0797

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 31/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date31/03/2021

Page count3

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031