Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

LUNS, 29 DE MARZO DE 2021

N.º 071

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. ZONA
HIDROGRÁFICA DE GALICIA-NORTE
Anuncio Concello de Muras solicita de Augas de Galicia un caudal de 23.122,75 m3/ano de augas procedente de varias captacións nas parroquias de Muras e Irixoa, no concello de Muras, con destino a abastecemento de diversos núcleos. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109
do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.66313
As características do aproveitamento son:

CAUDAL:

0,733 litros/segundo
DESTINO:

abastecemento
ORIXE:

captacións
PARROQUIAS: Muras e Irixoa CONCELLO:

Muras
Descrición:
Solicítase a concesión para o denominado sistema de abastecemento S1-: Muras.
Este sistema divídese en dous subsistemas:
1-A: Muras 1-B. Penabril 1-A: Muras Este subsistema consta de dúas liñas básicas de abastecemento, a liña de Montouto e liña de Pinar, que presentan conexión puntual entre si.
- Liña de Montouto: as augas cáptanse mediante unha arqueta dun manancial na parcela de referencia catastral 27033A06500563. Dende o punto de captación as augas condúcense ata un depósito dobre de 200 m3, situado a uns 1.750 m de distancia da captación, dende o que se subministra auga ao núcleo urbano de Muras e aos núcleos de Casavella, Porto de Paos, Castro, Xelgaiz, Casa Nova e O Porto Novo.
A uns 90 m augas abaixo do depósito prodúcese á unión coa liña de Pinar, onde un dos depósitos desta complementa a esta captación de Montouto.
- Liña de Pinar: as augas cáptanse mediante gabias de drenaxe e dúas arquetas de captación, distantes uns 79
m entre si, situadas na parcela de referencia catastral 27033A06300371. As augas condúcense ata unha arqueta próxima e de aí a unha caseta de cloración situada a uns 250 m dos puntos de captación. Desde esta caseta as augas condúcense até a arqueta de repartición de Paleira Grande desde a que parten tres ramais de abastecemento.:
- Freán: desde a arqueta de reparto condúcense as augas até un depósito de 45 m3 de capacidade, conducíndose as augas deste depósito ata os lugares da Cabana, O Prado, Pena da Leira, Brías, Chao de Perros e Freán - Cuiñas: dende a arqueta de reparto condúcense as augas até un depósito de 30 m3 de capacidade, conducíndose as augas deste depósito até o lugar de Cuiñas - Montouto: a liña discorre nun principio paralela á anterior, abastecendo logo ao núcleo de Abelaira e logo conecta coa rede de abastecemento de Montouto, no depósito de Montouto, á que complementa
Anuncio publicado en: Num BOP 71 año 2021 29/03/2021
26/03/2021 08:00:00
12:06:44

SOLICITANTE: Concello de Muras

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/03/2021

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Marzo 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031