Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 2 DE MARZO DE 2021

N.º 049

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 12 de febreiro de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sober exp. 2020/14-AT

Denominación: reforma LMTderivada a CT Canaval Campo da Festa Solicitante: UFD Distribución Electricidad SA
Domicilio social: Avda San Luis, 77, 28033 Madrid Características técnicas principais:

Liña de media tensión aérea a 20 kV, con unha lonxitude de 375 m., con orixe en apoio proxectado tipo C-

12/1000 que substitúe ao existente nº 67-2-3 da LMT MOF805 Peares, condutor tipo LA-56 e final en apoio de celosía metálico existente nº 67-B-2-13 da LMT MOF805.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa BOE núm.
351, de 17 de decembro A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla 70 referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas artigo 161 do Real decreto 1955/2000 e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa BOE núm. 160 do 27 de xuño Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, BOE núm. 236, do 2 de outubro cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Lugo, 12 de febreiro de 2021.- O xefe territorial, Gustavo José Casasola de Cabo.

Anuncio publicado en: Num BOP 49 año 2021 02/03/2021
01/03/2021 08:00:00
08:39:50

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE núm. 310, do 27 de decembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, BOE núm. 310, do 27 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/03/2021

Page count27

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions