Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 9 DE MARZO DE 2021

N.º 055

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO
Anuncio Resolución do 12 de febreiro de 2021 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de A Pastoriza. Expediente IN407A 2020-61AT
Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
- Peticionario: Norvento Tecnología S.L.
- Domicilio Social: Rúa Aller Ulloa, Ramón María, n.º 23, 27003 Lugo.

- Situación: concello de A Pastoriza - Características técnicas principais:

Línea de Media Tensión Soterrada a 20kV, con orixe no Centro de Reparto Proxectado e final no paso aéreo a soterrado ubicado no apoio de media tensión existente derivación a OCR A Xesta e CT Carballal, formada por catro liñas, tres delas en condutor RHZ1-240 e unha en condutor RHZ1-150 cunha lonxitude de 55 metros.

Centro de Reparto en edificio Prefabricado de formigón, no cal se instalan tres celas de liña motorizadas, unha de interruptor automático e unha de protección de transformador.

- Finalidade da instalación : Ampliación rede de distribución - Orzamento: 82.918,96 €
- Documentación complementaria:

Separata para o Concello de A Pastoriza

Separata para BEGASA

Esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, de 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a Dirección de Obra por técnico competente.
Segunda: O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a lei 24/2013, de 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real Decreto 223/2008, de 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real Decreto 337/2014, de 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

Anuncio publicado en: Num BOP 55 año 2021 09/03/2021
08/03/2021 08:00:00
14:09:27

- Denominación: INFRAESTRUCTURA DE AMPLIACIÓN DE LA RED DE DISTRIBUCIÓN EN EL ENTORNO DEL APOYO
DE DERIVACIÓN A O.C.R. A XESTA Y A CT CARBALLAL

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 09/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date09/03/2021

Page count32

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions