Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/03/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 050 mércores, 3 de marzo de 2021

BOP Lugo
presenten á súa realización. As mesmas realizaranse no centro colaborativo, sito na rúa Deputación da capitalidade do termo municipal de Friol por orde alfabético.
-O 26 de marzo ás 10.00 horas, no devandito Centro Colaborativo sito na rúa Deputación de Friol, terá lugar en chamamento único o primeiro exercicio da fase de oposición, ao que deberán acudir acreditando a súa personalidade. A non presentación dun/ha aspirante a calquera dos exercicios determinará automaticamente a perda do seu dereito a participar, quedando excluído/a do proceso selectivo, salvo os casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados polo Tribunal. As cualificacións de cada un dos exercicios, así como os sucesivos chamamentos e convocatorias, ou calquera outra decisión que adopte o Tribunal ata a finalización do proceso selectivo, exporanse na sede electrónica do Concello e no Taboleiro de Anuncios, bastando dita exposición como notificación a todos os efectos.
O que manda e asina na data e sinatura dixitalmente ao marxe.
Recursos.- a presente resolución que é de trámite dentro do proceso selectivo, fáise pública en cumprimento do disposto nas bases da convocatoria, non procedendo contra a mesma recurso algún, sen perxuizo do establecido no art. 23 e 24 da Lei 40/2015 de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público. No obstante, os/as interesados/as poderán presentar as alegacións que estimen pertinentes para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento, conforme ao disposto na vixente lexislación de procedemento administrativo.
Friol, a 26 de febreiro de 2021.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez.
R. 0513

MEIRA
Aprobado pola Xunta de Goberno Local deste Concello, na sesión celebrada o día 15 de febreiro de 2021 o Padrón de Vados e entrada por beirarrúas correspondente ao ano 2021.
Por medio do presente faise público que durante o prazo de un mes contado a partir do día da inserción do presente edicto no B.O. da Provincia de Lugo, queda de manifesto na Secretaría deste Concello ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobado no caso de que non se produzan reclamacións contra o mesmo.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1684/1990, de 20 de decembro, na súa modificación dada polo Real Decreto 448/1995, de 24 de marzo, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario dende o 15 de xullo de 2021 ata o 15 de setembro de 2021.
A presente publicación, nos dous supostos edicto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, en fase voluntaria surtirá efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria, ó amparo do establecido no citado artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.
Transcorridos os prazos anteriores, as cotas non pagadas, esixíranse pola vía de constrinximento, cas correspondentes recargas que fixa o regulamento de recadación sendo remitidas á Excma. Deputación Provincial de Lugo para o seu cobro por vía de constrinximento, de conformidade co convenio subscrito para tal efecto con este Concello.
Meira, 25 de febreiro de 2021.- O alcalde, Antonio de Dios Álvarez.
R. 0505

PANTÓN
Anuncio NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA DO PADRÓN FISCAL DA TAXA
POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR CORRESPONDENTE AO MES DE XANEIRO DE 2021.
A Xunta de Goberno Local, por delegación do Alcalde BOP de Lugo nº 160, do 13.07.2019 e en virtude de Acordo do 11.02.2021, aprobou o Padrón fiscal da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xaneiro de 2021, o cal se expón ao público, para a súa notificación colectiva, de acordo co disposto no artigo 102 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, durante o prazo de vinte 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín da Provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do concello. Durante este prazo, o devandito Padrón estará ao dispor das persoas interesadas no concello, a fin de que o poidan examinar e formular cantas observacións, alegacións ou reclamacións teñan por conveniente.

Anuncio publicado en: Num BOP 50 año 2021 03/03/2021
02/03/2021 08:00:00
10:41:12

Anuncio

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 03/03/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date03/03/2021

Page count13

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions