Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 047 sábado, 27 de febreiro de 2021

BOP Lugo
17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 22 de febreiro de 2021.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 0470

FRIOL
Anuncio Polo Pleno do Concello en sesión extraordinaria celebrada o día 18 de febreiro de 2021, prestouse aprobación ao expediente de modificación de créditos número 1/2021, primeiro de competencia do Pleno, para transferencias de crédito, dentro do vixente orzamento municipal, e por un importe de corenta mil euros 40.000,00 €.

Cumprindo o disposto no artigo 177.2 en relación co 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, co fin de que durante o mesmo que se contará a partir do seguinte ao da inserción do Edicto no Boletín Oficial da Provincia poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se deberán dirixir ao Alcalde-Presidente do Concello.
Friol, 23 de febreiro de 2021.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez.
R. 0483

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRONS AXUDA AO FOGAR BASICA E LEI DEPENDENCIA XANEIRO 2021 E ANUNCIO DE
COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 15.02.2021 aprobáronse os padróns de prezos públicos Axuda ao Fogar Básica e Lei dependencia mes de xaneiro de 2021.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados destes padróns.
De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporanse ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria destes padróns, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.
De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación dos padróns e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria , fíxase como prazo de pago en período voluntario, dos devanditos padróns dende o 22.02.2021 ata o 22.04.2021.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan.

Anuncio publicado en: Num BOP 47 año 2021 27/02/2021
26/02/2021 08:00:00
09:25:31

Modifícase o Anexo de inversións do vixente Orzamento.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 27/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date27/02/2021

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28