Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 038 mércores, 17 de febreiro de 2021

BOP Lugo
En esta relación de puestos de trabajo no se contemplan otras posibles contrataciones temporales que este Ayuntamiento pueda realizar al amparo de alguna subvención del Estado, Xunta de Galicia, Diputación u otro organismo público, o bien por necesidades perentorias del servicio de que se trate.
Becerreá, 8 de febreiro de 2021.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.
R. 0333

BURELA
Anuncio EXPEDIENTE 2270/2020. ANUNCIO DE COBRANZA E EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Burela en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 2021, prestouse aprobación inicial o PADRÓN DE CONTRIBUÍNTES POLA TAXA DE MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL
DE MUSICA 2020-2021 segundo o disposto na Ordenanza Fiscal n.º 5 Taxa por ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, así como nos artigos 24 e seguintes do Real Decreto 939/05 de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, ponse en coñecemento dos interesados que nas Oficinas Municipais deste Concello, e durante o período dun mes a contar a partir do seguinte día hábil ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, estará exposto ao público o padrón completo da taxa, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación.

1. Conforme ao disposto no artigo 14 do texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados só poderán interpoñer recurso de reposición ante o alcalde - presidente, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
2. Contra a resolución do recurso de reposición, expresa ou tácita, os interesados poderán interpoñer recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición Contencioso Administrativa.
Igualmente advírtese que tamén poderán utilizar calquera outro recurso que estimen pertinente, así como exercer as accións que procedan ante a xurisdición competente.
O período voluntario de cobramento de cada unha das cotas segundo a modalidade escollida na propia matrícula é o seguinte:
1º Plazo: dende o día 23 de febreiro de 2021 ata o día 24 de abril de 2021, ambos os dous inclusive.
2º Plazo: dende o día 23 de marzo de 2021 ata o día 24 de maio de 2021, ambos os dous inclusive.
3º Plazo: dende o día 23 de abril de 2021 ata o día 24 de xuño de 2021, ambos os dous inclusive.
Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes teñen domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. A presente publicación, nos dous supostos, de anuncio de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria.
Transcorrido o período de cobro en voluntaria sen que se satisfixeran as cotas, iniciarase o período executivo con arranxo ao disposto no artigo 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, cos correspondentes recargas, xuros de demora e demais conceptos que sexan esixibles.
Burela, 2 de febreiro de 2021.- O Alcalde, Alfredo Llano García.
R. 0334

GUITIRIZ
Anuncio Aprobado por Decreto de Alcaldía o Padrón fiscal do servizo do punto de atención á infancia P.A.I.
correspondente ao mes de decembro de 2020, que comprende un total de 21 recibos por un importe de 1.040,00 euros.
O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP, ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións
Anuncio publicado en: Num BOP 38 año 2021 17/02/2021
15/02/2021 08:00:00
12:24:59

Contra a aprobación das liquidacións que nel se inclúen, os interesados poderán interpoñer os seguintes recursos:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 17/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date17/02/2021

Page count14

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28