Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 036 sábado, 13 de febreiro de 2021

BOP Lugo
Non ser separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa fose separada ou inhabilitada.
No caso do persoal laboral, non ser despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin acharse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se tratase de acceder á mesma categoría profesional á que se pertencía.
No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
Ter cumpridos o dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
Posuír coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante o exixido para cada praza nas Bases Específicas.
Cumprir, no momento da formalización do contrato laboral temporal, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.
Os/As aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade inmediatamente despois de efectuar a formalización do pertinente contrato de traballo temporal.

Os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados deberán ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
4. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
Os/As interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se publica como Anexo II destas bases e que tamén se facilitará nas Oficinas administrativas do Concello de Chantada e na súa páxina Web, ao Sr.Alcalde do Concello de Chantada, requirindo tomar parte nas correspondentes probas de selección, nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais e nas bases epecíficas para a praza que se opte, ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello.
A presentación de solicitudes poderá facerse ben no Rexistro Xeral do Concello de Chantada ou ben en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas; as solicitudes que non se presenten no Rexistro Xeral do Concello, e se fagan a través doutros medios sinalados na Lei 39/2015, requíreselle aos aspirantes que o comuniquen mediante fax ao núm.
982.462 102, remitindo copia anexa da solicitude de participación no proceso selectivo.
O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes.
Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose inhábil o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.
5. DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE.
5.1.- COPIA COTEXADA DO DNI OU PASAPORTE.
Ademais, os/as aspirantes estranxeiros/as, deberán presentar documentos que acrediten que son nacionais da Unión Europea ou dalgúns dos Estados aos cales, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexan de aplicación a libre circulación de traballadores.
5.2.- COPIA COTEXADA DA TITULACIÓN ESIXIDA EN CADA POSTO CONCRETO.
5.3.- COPIA COTEXADA DO TÍTULO DE GALEGO ESIXIDO EN CADA POSTO CONCRETO.
5.4.- COPIA COTEXADA DO CARNÉ DE CONDUCIR E DECLARACIÓN DE DISOÑIBILIDADE DO MESMO, DE SER
NECESARIO.
5.5.- DECLARACIÓN RESPONSABLE SEGUNDO O ANEXO III.
5.6.- DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS MÉRITOS ALEGADOS
CERTIFICADOS DE EMPRESA, CURSOS.. DEBIDAMENTE COTEXADA.

VIDA

LABORAL,
CONTRATOS,
Anuncio publicado en: Num BOP 36 año 2021 13/02/2021
12/02/2021 08:00:00
14:42:37

De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación laboral que comeza no Concello de Chantada, os/as aspirantes seleccionados/as comprométense a renunciar ao correspondente posto/emprego convocado.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 13/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date13/02/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28