Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

2

Núm. 034 xoves, 11 de febreiro de 2021

BOP Lugo
BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO PARA PRESTAR SERVIZOS TEMPORAIS
NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE TÉCNICO/A SUPERIOR
DEPORTIVOACTIVIDADES DE TURISMO DEPORTIVO.
1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS
O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA
DENOMINACIÓN

TÉCNICO/A SUPERIOR
DEPORTIVO

GRUPO

A

SUBGRUPO

A1

ADSCRICIÓN
Unidade de Turismo ou noutras unidades administrativas que requiran das ditas funcións especializadas, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

RETRIBUCIÓNS

As correspondentes á praza e ao posto de nivel de entrada.

3. COMETIDO FUNCIONAL
En canto ao contido funcional da praza/posto/emprego que se convoca será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, se é o caso, na disposición que a substitúa.

4. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR AS PERSOAS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDAS AO PROCESO
SELECTIVO
Ademais do sinalado na base xeral 4, as persoas aspirantes deberán estar en posesión da seguinte titulación académica, de acordo co artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público:
LICENCIATURA OU GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE
TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EQUIVALENTES
5. NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4
6. PROGRAMA
A MATERIAS COMÚNS:
1.- A Constitución Española de 1978, principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais. A Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración Pública. O Poder Xudicial.
2.- A organización Territorial do Estado. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da comunidade autónoma de Galicia.
3.- O Réxime Local Español. Principios constitucionais. Regulación xurídica. O Municipio. A organización municipal.
Competencias municipais. A Provincia. Organización Provincial. Competencias provinciais.
4.- O Dereito Administrativo. As fontes de dereito administrativo. A potestade regulamentaria na esfera local:
ordenanzas, regulamentos e bandos.
5.- O procedemento administrativo común. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. Recursos contra os actos administrativos.
6.- Os interesados. Dereitos dos cidadáns nas súas relación coas administración públicas. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Rexistros, comunicación e notificacións. A xestión electrónica dos procedementos. A protección de datos de carácter persoal. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos.
7.- Os contratos do sector público. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación.
Extinción.
8.- As Facendas Locais. Os tributos locais. As Ordenanzas Fiscais: procedemento de elaboración e aprobación.
9.- O persoal ao servizo da administración local. Clases. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario.

Anuncio publicado en: Num BOP 34 año 2021 11/02/2021
10/02/2021 08:00:00
13:41:46

En ausencia dos anteriores instrumentos, os ocupantes realizarán as funcións que lles sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 11/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date11/02/2021

Page count18

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28