Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 031 luns, 8 de febreiro de 2021

BOP Lugo
seu exame e formular as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales serán dirixidas ao Sr. AlcaldePresidente desta Corporación.
No suposto de non presentarse reclamacións no devandito prazo, o orzamento para o exercicio 2021 entenderase definitivamente aprobado, de acordo co disposto no artigo 20.1 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, e artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais O Incio, 1 de febreiro de 2021.-O alcalde, Héctor Manuel Corujo González.
R. 0269

MONFORTE DE LEMOS
Anuncio APROBACION PADRÓN FISCAL TAXA pola utilización da piscina municipal e demais instalacións anexas XANEIRO 2021 E ANUNCIO DE COBRANZA
Por Xunta de Goberno Local do día 25.01.2021 aprobouse o padrón da Taxa pola utilización da piscina municipal e demais instalacións anexas correspondente ao mes de xaneiro 2021.
De acordo co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, notifícanse colectivamente os recibos derivados deste padrón.

De acordo co artigo 14.2 c do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei das Facendas Locais, contra o acordo de aprobación do padrón e das súas liquidacións poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao remate da exposición pública do padrón. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei 25/98 de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.
De acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria, fíxase como prazo de pago en período voluntario dende o 1.02.2021 ata o 01.04.2021.
Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán esixidas pola vía de constrinximento, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, os xuros de mora, e no seu caso, as costas que se produzan Monforte de Lemos, 26 de xaneiro de 2021.-O alcalde, José Tomé Roca.
R. 0270

MONTERROSO
Anuncio Corrección erros No Boletión Oficial da Provincia de Lugo nº 26 de 02/02/21onde aparece publicado o anuncio de aprobación definitiva da modificación da ordenanza fiscal do imposto de actividades económicas observouse o seguinte erro material, onde pon:Establécense as seguintes bonificacións:
1.-Por inicio de actividades empresariais:
Trátase dunha bonificación de ata o 50% da cota municipal, para quen inicie o exercicio de calquera actividade empresarial e tributen por cota municipal, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenvolvemento da mesma.
Debería de poñer: Establécense as seguintes bonificacións:
1.-Por inicio de actividades empresariais:
Trátase dunha bonificación do 50% da cota municipal, para quen inicie o exercicio de calquera actividade empresarial e tributen por cota municipal, durante os cinco anos de actividade seguintes á conclusión do segundo período impositivo de desenvolvemento da mesma.
Para que surxa efectos, publícase a seguinte corrección.

Anuncio publicado en: Num BOP 31 año 2021 08/02/2021
05/02/2021 08:00:00
12:29:32

De conformidade coa Ordenanza Xeral de ingresos municipais de dereito público, exporase ao público nun prazo de 20 días, contados a partir do primeiro día do período de pago en voluntaria deste padrón, para que se poidan presentar as reclamacións pertinentes.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 08/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date08/02/2021

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28