Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

4

Núm. 026 martes, 2 de febreiro de 2021

BOP Lugo
MONTERROSO
Anuncio O Pleno do Concello de Monterroso en sesión ordinaria celebrada o 27/11/20 acordou aprobar inicialmente o Regulamento de organización do Concello de Monterroso. O citado acordo foi exposto ao público polo prazo de 30 días hábiles mediante anuncio publicado no BOP de 5 de decembro de 2020 sen que durante ese prazo se presentase reclamación algunha, polo que se entende definitivo o acordo inicialmente adoptado co texto que se transcribe:
REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN DO CONCELLO DE MONTERROSO
Artigo 1º.O concello de Monterroso, no exercicio da potestade regulamentaria e de autoorganización que lle concede a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, promove, polo presente Regulamento, a súa organización e réxime de funcionamento de órganos básicos e complementarios que no mesmo establécense.
Artigo 2º.Na regulación das materias obxecto deste Regulamento rexe a seguinte prelación de fontes:
a A Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de las Bases del Réxime Local, coas modificacións introducidas pola Lei 27/2013, 27 decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local.
b A Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.
c O presente Regulamento Orgánico Municipal
Artigo 3º.
Os membros da Corporación a efectos da súa actuación corporativa, constituiranse en grupos. Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis dun grupo.
Artigo 4º.1.- Cada partido político, federación, coalición o agrupación constituirá un único grupo con independencia do número de membros que teña. Ninguén pode pertencer simultaneamente a máis dun grupo. En consecuencia, os grupos políticos municipais constitúense en función da lista electoral pola que foron elixidos.
2.- En ningún caso poderán constituírse en grupo municipal separado as/os concelleiras/os que pertenzan a unha mesma lista electoral.
3.- Durante o mandato da corporación ningún membro poderá integrarse nun grupo distinto daquel no que o fixera inicialmente.
4.- O Pleno da Corporación, con cargo ao seu Orzamento Anual , asignará aos grupos políticos unha dotación económica que deberá contar con un compoñente fixo, idéntico para todos os grupos e outro variable, en fun ci ón do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que, no seu caso, se establezan con carácter xeral nas Leis Xerais de Orzamentos do Estado e cumprindo os requisitos establecidos n o artigo 73 da Lei 7/ 1
985, d e 2 de abri l, reguladora das Bases de Réxime Local.
Artigo 5º.
Os Grupos Políticos constituiranse mediante escrito dirixido ao Presidente/a e subscrito por todos os seus integrantes, que se presentarán na Secretaría Xeral da Corporación dentro do cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación.
No mesmo escrito de constitución farase constar a designación de Portavoz do Grupo, podendo designarse tamén suplente.
Artigo 6º.
Da constitución dos Grupos Políticos e dos seus integrantes e Portavoces, o Presidente dará conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre tras cumprirse o prazo previsto no artigo anterior.
Artigo 7º.Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da mesma deberán incorporarse ao grupo correspondente á lista electoral pola que foran elixidos, ou, no seu caso, ao grupo mixto, mediante escrito dirixido ao sr. alcalde/alcaldesa cursado no prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día da toma de posesión do cargo. A este escrito deberán acompañar a conformidade do portavoz do grupo ao que se adscriba.

Anuncio publicado en: Num BOP 26 año 2021 02/02/2021
01/02/2021 08:00:00
10:15:52

d A lexislación do Estado, en especial ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, para aquelas materias non reguladas polo presente Regulamento Orgánico o para cando este resulte insuficiente. Polo tanto, as disposicións do presente Regulamento orgánico serán de aplicación preferente ás contidas no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 02/02/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date02/02/2021

Page count24

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Febrero 2021>>>
DLMMJVS
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28