Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 023 venres, 29 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
SERVIZO DE RRHH. SELECCIÓN PROMOCIÓN E CARREIRA
Anuncio ANUNCIO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 15 DE
XANEIRO DE 2021 NA QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA
LISTAXE DE EMPREGO DE TÉCNICO/A SUPERIOR EN PROTOCOLO PARA PRESTAR SERVIZOS DE CARÁCTER
TEMPORAL NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO Bases Xerais BOP núm. 079 e161 do 06.04.2020 e 15.07.2020 respectivamente A xunta de goberno da Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada en data 15 de xaneiro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Vistos os criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación Provincial de Lugo, regulados polas resolucións da presidencia das seguintes datas: 29.09.2009 BOP núm. 231, do 08.10.2009; 16.12.2011 BOP núm. 294, do 26.12.2011 e 14.02.2019 BOP núm. 039, do 15.02.2019.
Constatando que a entidade ten necesidade de contar cunha listaxe de emprego temporal de Técnico/a Superior en Protocolo para poder atender ás necesidades dos servizos e xestionar axilmente a incorporación de efectivos deste tipo funcional, cando sexa precisa e estea xustificada a súa incorporación conforme ás esixencias da normativa vixente, en particular ás referidas no artigo 19. Catro da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, á Xunta de Goberno, ACORDA:

2º.- Que a presente convocatoria se rexa polas bases xerais polas que se establecen as normas para a selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados, aprobadas na Xunta de Goberno de 13 de marzo de 2020, publicadas no BOP número 079 de 6
de abril de 2020 e na Xunta de Goberno de 10 de xullo de 2020 publicadas no BOP número 161 de 15 de xullo de 2020, así como na web corporativa www.deputacionlugo.gal, apartado emprego públicoRRHH-selección temporal.
3º.- Aprobar as bases específicas, que complementarán as bases xerais, que rexerán o procedemento selectivo para a elaboración da listaxe de emprego temporal da praza sinalada no apartado primeiro.
4º.- Convocar publicamente a quen, cumprindo os requisitos enumerados nas bases xerais e específicas, desexe participar no correspondente procedemento selectivo.
5º.- Ordenar a publicación da presente convocatoria e bases específicas no Boletín Oficial da Provincia e nos lugares determinados nas bases xerais.
6º.- Realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo o correspondente procedemento selectivo.
BASES ESPECÍFICAS PARA CONSTITUIR UNHA LISTAXE DE EMPREGO PARA PRESTAR SERVIZOS TEMPORAIS
NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO EN PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS DE TÉCNICO/A SUPERIOR EN
PROTOCOLO.
1. OBXECTO DAS BASES ESPECÍFICAS
O obxecto das presentes bases específicas é complementar as Bases Xerais polas que se establecen as normas para a elaboración de listaxes para a prestación de servizos de carácter temporal na Deputación Provincial de Lugo cota xeral ou cota de discapacitados.
2. CARACTERÍSTICAS DA PRAZA/POSTO/EMPREGO DA LISTAXE QUE SE CONVOCA
DENOMINACIÓN

GRUPO

SUBGRUPO

ADSCRICIÓN

RETRIBUCIÓNS

Servizo de Protocolo e Relacións Institucionais.
TÉCNICO/A SUPERIOR
EN PROTOCOLO

A

A1

Ás distintas Unidades Administrativas que requiran das ditas funcións especializadas, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación.

As correspondentes á praza e ao posto de nivel de entrada.

Anuncio publicado en: Num BOP 23 año 2021 29/01/2021
28/01/2021 08:00:00
12:04:52

1º.- Aprobar a convocatoria do procedemento selectivo para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal de Técnico/a Superior en Protocolo, grupo A subgrupo A1, para xestionar de xeito áxil as necesidades deste tipo de persoal e poder efectuar nomeamentos ou contratacións de persoal temporal polas causas reguladas no art. 10.1 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ou, no seu caso, polo artigo 15 do Estatuto dos Traballadores.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 29/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date29/01/2021

Page count10

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31