Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2021

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

3

Núm. 011 venres, 15 de xaneiro de 2021

BOP Lugo
2014.
Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Lourenzá.
1.3. Convócanse subvencións polo seguinte importe con cargo ao crédito consignado na seguinte aplicación orzamentaria:
Aplicación orzamentaria
Importe
330.48

Finalidade 6.000 € Subvencións para a realización de actividades culturais
2.- ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES.2.1. Poderán ser obxecto desta subvención a realización de programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente que, no ámbito da cultura, promovan asociacións culturais, veciñais ou colectivos, considerados de interese sociocultural para o Concello de Lourenzá e que estean dirixidas a toda a poboación en xeral.
Serán subvencionables todas aquelas actividades/programas englobadas dentro de calquera das seguintes vertentes: viaxes culturais, música, danza, literatura, audiovisuais, escolas de formación, pintura, encontros, exposicións, obradoiros, conferencias, xornadas e, en xeral, calquera actividade que teña como finalidade a promoción e divulgación dos valores culturais, así como as actividades dirixidas á realización de festas de carácter etnográfico e de valor histórico-cultural.

2.2. Quedan excluídas desta convocatoria as seguintes actividades:
- As subvencionadas ou financiadas no mesmo exercicio a través doutras convocatorias ou convenios asinados co Concello de Lourenzá.
- As organizadas por clubes ou asociacións deportivas, por contar con convocatorias específicas.
- Os gastos derivados da organización de xantares, de eventos gastronómicos ou de exaltación de produtos culinarios.
- As que atenten contra valores universais como a solidariedade, a a paz, a igualdade de xénero, a memoria histórica, a democracia,o respecto ao medio ambiente, a interculturalidade, etc .
- As que teñan un ámbito de actuación sectorial e que non sexan relevantes a nivel do Concello.
- As xornadas, encontros, conferencias ou obradoiros que non teñan un carácter de acceso público.
3.- BENEFICIARIOS E REQUISITOS.Poderán optar a ser beneficiarios das subvencións que se conceden por medio desta convocatoria as asociacións antes mencionadas e que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e que teñan o seu domicilio social en Lourenzá.
- Estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Lourenzá con anterioridade ao día de publicación da presente convocatoria.
- Desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no termo municipal do Concello de Lourenzá.
- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Lourenzá.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e co Concello de Lourenzá.
4.- CARÁCTER DA SUBVENCIÓN.As subvencións do Concello de Lourenzá para o ano 2021 terán un carácter voluntario e eventual.
O Concello de Lourenzá, por medio da Xunta de Goberno, como medida de garantía a favor dos intereses públicos, poderá revisalas ou, se é o caso, revogalas ou reducilas por causas debidamente xustificadas.
A concesión de subvencións para a anualidade de 2021 non xeran ningún dereito á obtención de subvencións en convocatorias posteriores.
En calquera caso, o Concello de Lourenzá quedará exento de toda responsabilidade civil, mercantil, laboral ou de calquera tipo que se derive de actuacións ás que queden obrigados os beneficiarios das subvencións.

Anuncio publicado en: Num BOP 11 año 2021 15/01/2021
14/01/2021 08:00:00
11:04:43

Serán subvencionables exclusivamente aqueles gastos de natureza corrente nos que incorra o beneficiario no desenvolvemento das actividades tales como actuacións, obradoiros, espectáculos, concertos, compra ou aluguer de material ou equipos, etc.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 15/01/2021

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date15/01/2021

Page count8

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Enero 2021>>>
DLMMJVS
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31