Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

29

Núm. 286 luns, 14 de decembro de 2020

BOP Lugo
8º.- LISTA DE RESERVAS
Unha vez finalizado o proceso selectivo para a cobertura definitiva de prazas como funcionario/a de carreira, confeccionarase unha lista pola orde de puntuación acadada por cada aspirante que non superou este, tendo en conta que para estar incluída/o nesta lista hai que, ao menos, aprobar o primeiro exercicio do proceso selectivo.
A partir de todas as persoas que superaron este, sumaranse as puntuacións obtidas en cada exercicio, e así confeccionarase a lista para a cobertura de interinidades.
Esta lista de reservas caducará naquel momento no que como resultado dun proceso selectivo posterior para a mesma categoría sexa xerada unha lista mais actualizada.
9º.- RECURSOS
Contra o presente acto que pon fin á vía administrativa, de conformidade co previsto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998 de 13 xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado desta Orde de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da notificación.
Igualmente poderá interpoñerse, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes contado dende o día seguinte á recepción desta notificación.
Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo no devandito prazo de dous meses.
Todo isto sen prexuizo de que poida interpoñer calquera outro recurso que estime conveniente.
Segundo.- Procédase a súa publicación na forma legalmente establecida, facéndose constar que o presente acto pon fin á vía administrativa e que contra o mesmo podense interpoñer os seguintes recursos:

- Recurso contencioso administrativo, nun prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, segundo a redacción dada pola disposición adicional décimo cuarta da Lei Orgánica 19/2003 de 23 de decembro, de modificación da Lei Orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial.
Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que estime conveniente.
Lugo, 19 de novembro de 2020.- A Tta. de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos, Mercedes Paula Alvarellos Fondo.
R. 3145

Anuncio PROTECCION DAS TERRAZAS POR PARTE DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA DA CIDADE DE LUGO
ANTE AS LIMITACIONS DE AFORO ACORDADAS POLAS AUTORIDADES SANITARIAS
Mediante bando da Alcaldía deste Concello ofreceuse no seu día aos titulares dos establecementos de hostelería situados na cidade de Lugo a posibilidade de incrementar a superficie destinada a terraza ou a instalar a mesma para o que podían facer uso do espacio público existente nos termos que o propio bando sinalaba e sempre de xeito que adoptasen as medidas de delimitación do espacio ocupado que garantiran a seguridade dos usuarios e viandantes e a accesibilidade sen que fose necesario máis trámite que a comunicación da ampliación ou instalación da terraza. Esa medida revelouse decisiva para dar un pouco de alivio e apoio ao sector nun momento tan complicado.
O Goberno, por Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, procedeu á declaración dun novo estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 nesta segunda ola da pandemia. Dito estado de alarma foi prorrogado por Resolución do Congreso dos Deputados de 29 de outubro de 2020, mantendo a súa vixencia ata o día 9 de maio de 2021.
En base a o estado de alarma declarado, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia ditou a Orde de 4 de novembro de 2020 pola que establecían medidas de prevención específicas para a cidade a consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica, entre as que se atopaba o peche dos locais de restauración e hostelería.
Estas medidas resultaron efectivas e permitiron a recente reapertura aínda que con limitacións de aforo e horario.
E previsible e desexable, malia a época do ano en que nos atopamos, un incremento da demanda de uso das terrazas por parte dos cidadáns ante as maiores restriccións de aforo no interior dos establecementos, polo que se fai necesario conciliar o uso de ditas terrazas nunhas mínimas condicións de confortabilidade coa necesaria
Anuncio publicado en: Num BOP 286 año 2020 14/12/2020
11/12/2020 08:00:00
19:07:37

- Recurso potestativo de reposición previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo DUN MES, contado dende o día seguinte á publicación desta resolución.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 14/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date14/12/2020

Page count31

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031