Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO DE 2020

N.º 288

XUNTA DE GALICIA
XEFATURA TERRITORIAL DA VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO.
Anuncio Resolución do 21 de outubro de 2020 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria exp. 2020/13 AT
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico BOE núm. 310, do 27 de decembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, BOE núm. 310, do 27 de decembro polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad SA
Domicilio social: Avda San Luis, 77, 28033 Madrid Características técnicas principais:
Centro de transformación compacto telecontrolado de 250 kVA de potencia, e unha relación de transformación de 20.000/400 V, en substitución do CT 27A924 Ferreiros existente que será desmontado.
Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1033 m., con orixe en apoio existente HV1000/13 da liña TTL814 SARRIA-BALMAO 14, condutor tipo LA-56 e final en apoio existente HV1000/13 da liña SAR806
COGENERADORES ONTE E SARRIPI6, no que se instalarán dous pasos aéreo soterrado PAS. Realizarase o desmantelamento da liña aérea existente.
Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con unha lonxitude de 19 m., con orixe en CT proxectado 250 kVA, condutor tipo RHZ1 e final en PAS proxectado conexión con LMTA proxectada.
Liña de media tensión soterrada a 20 kV, con unha lonxitude de 19 m., con orixe en PAS proxectado conexión con LMTA existente, condutor tipo RHZ1 e final en CT proxectado 250 kVA.
Finalidade da instalación: Adecuación e mellora das instalacións da zona.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa BOE núm.
351, de 17 de decembro A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Rolda da Muralla 70 referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas artigo 161 do Real decreto 1955/2000 e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.
Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa BOE núm. 160 do 27 de xuño
Anuncio publicado en: Num BOP 288 año 2020 16/12/2020
15/12/2020 08:00:00
14:24:18

Denominación: C.T., L.M.T. PECHE TTL814 CON SAR806 SARRIA

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 16/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date16/12/2020

Page count22

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031