Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

VENRES, 18 DE DECEMBRO DE 2020

N.º 290

CONCELLOS
BARALLA
Anuncio Por Decreto da Alcaldía número198 de 9 de decembro de 2020, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao terceiro trimestre do ano 2020:
-

Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga 3º trimestre do ano 2020.

-

Padrón da taxa por recollida de lixo.

-

Padrón de augas residuais e sumidoiros.

Recurso: Contra o Decreto da aprobación dos padróns de: abastecemento de auga a domicilio, recollida de lixo e augas residuais e sumidoiros, poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Alcalde-Presidente do Concello de Baralla.
Contra a Resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
A falta de pagamento do Canon da Auga, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende esta notificación.
Baralla, 10 de decembro de 2020.- O Alcalde, Miguel González Piñeiro.
R. 3197

LOURENZÁ
Anuncio EXPOSICIÓN O PÚBLICO E COBRANZA P.A.I.
DECEMBRO 2020
Por Resolución de Alcaldía de data o día 01 de Agosto de 2019, prestouse aprobación inicial ao Padrón fiscal do Servizo de PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA P.A.I. correspondente ao mes de decembro de 2020 por importe de Mil cincocentos corenta e nove 1.549.
Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días , contador a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública , non se formulan ningunha reclamación.
Así mesmo , e de conformidade con artigo 253.1 da citada ei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante a Sra. Alcaldesa-Presidente , no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento.

Anuncio publicado en: Num BOP 290 año 2020 18/12/2020
17/12/2020 08:00:00
09:56:09

Expónse ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo.

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 18/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date18/12/2020

Page count12

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031