Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/12/2020

Text version What is this?Dateas is an independent website not affiliated with any government agency. The source of the PDF documents that we publish is the official agency stated in each of them. The text versions are non official transcripts that we do to provide better tools for accessing and searching information, but may contain errors or may not be complete.

Source: Boletín Oficial de la Provincia de Lugo

MARTES, 22 DE DECEMBRO DE 2020

N.º 293

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
RRHH-SELECCIÓN PROMOCIÓN E CARREIRA
Anuncio RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 17 DE DECEMBRO DE 2020 POLA QUE SE RESOLVE O
PROCEDEMENTO PARA A PROVISIÓN DO POSTO DE TRABALLO DE ASESOR/A TÉCNICO/A, ADSCRITO AO
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, POLO SISTEMA DE LIBRE
DESIGNACIÓN.

1º.- Poñer fin ao procedemento selectivo para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de ASESOR/A TÉCNICO/A nº I221 da Deputación provincial de Lugo, adscrito ao Servizo de Contratación e Fomento; e nomear para o desempeño das funcións e tarefas do citado posto ao funcionario de carreira, Don Pablo Seoane Cancelo, por reunir, ademais dos requisitos esixidos na convocatoria, a maior idoneidade, en termos de mérito e capacidade, dos aspirantes presentados.
2º.- Ordenar a publicación desta resolución no BOP, no Taboleiro da Deputación e na páxina Web da Entidade apartado emprego públicoRRHH.
O que se da publicidade en cumprimento do art. 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, coa indicación de que a presente resolución pon fin á vía administrativa polo que contra esta cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a presidencia da Deputación Provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo ou recurso contencioso - administrativo ante o Xulgado do Contencioso - Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente.
Pazo Provincial, 18 de decembro de 2020.- A SECRETARIA XERAL, María Esther Álvarez Martínez.
R. 3301

CONCELLOS
ANTAS DE ULLA
Anuncio NOTIFICACIÓN COLECTIVA DE LIQUIDACIÓNS E ANUNCIO DE COBRANZA
Unha vez aprobados definitivamente por Resolución de Alcaldía de data 18 de decembro de 2020, o Padrón da Taxa pola prestación do Servizo de Subministración de Auga, correspondente ao exercicio 2016, no que se inclúe o canon da auga, e o Padrón da Taxa sobre prestación dos Servizos de Rede de Sumidoiros, correspondente ao exercicio 2016, para os efectos tanto da súa notificación colectiva, nos termos que se deducen do artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, como da submisión dos mesmos a trámite de información pública, por medio deste anuncio expóñense ao público no taboleiro municipal de edictos, por un prazo de un mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, co fin de que aqueles que se consideren interesados poidan formular todas as observacións, alegacións ou reclamacións que teñan por convenientes.
Contra o acto de aprobación dos devanditos padróns e/ou liquidacións contidas neles poderase interpor un recurso previo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, de acordo co establecido no artigo 14 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Anuncio publicado en: Num BOP 293 año 2020 22/12/2020
21/12/2020 08:00:00
13:43:44

O presidente da Deputación Provincial con data 17 de decembro de 2020 adoptou, entre outras, a seguinte resolución:

About this edition

Boletín Oficial de la Provincia de Lugo del 22/12/2020

TitleBoletín Oficial de la Provincia de Lugo

CountrySpain

Date22/12/2020

Page count20

Edition count3289

First edition01/03/2013

Last issue29/04/2024

Download this edition

Other editions

<<<Diciembre 2020>>>
DLMMJVS
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031